DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2023 Páx. 63606

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo (procedemento abreviado 318/2023).

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 318/2023 (procedemento abreviado) interposto por Olga Gutiérrez Martínez contra a Resolución do 9 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (categoría: facultativa/o especialista de área de psicoloxía clínica) (DOG núm. 116, do 20 de xuño), así como contra a desestimación presunta do recurso de reposición formulado contra a anterior resolución.

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de formación continuada.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2023

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos