DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2023 Páx. 63541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2023 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto para o persoal laboral.

A Orde do 25 de novembro de 2022 (DOG núm. 229, do 1 de decembro) convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral en desenvolvemento do acordo publicado pola Orde do 22 de novembro de 2022. Este complemento de carácter fixo é adicional aos conceptos retributivos actualmente existentes na estrutura salarial do persoal laboral.

O prazo para presentar as solicitudes abriuse o 2 de decembro de 2022 ata o 26 de decembro de 2022.

As solicitudes sinaladas no anexo non cumpren os requisitos previstos para o acceso ao grao polas causas sinaladas en cada unha.

En vista do anterior, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Inadmitir as solicitudes sinaladas no anexo a esta resolución para acceder ao grao extraordinario do complemento de desempeño, por non cumpriren os requisitos previstos para o acceso establecidos na Orde do 25 de novembro de 2022.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a inadmisión da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do grao do sistema de carreira administrativa.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Causas

Detalle

Observación

1

Non ser persoal laboral nesta administración en 31.12.2021

Artigo 14.1.a)

2

Persoal non incluído no ámbito de aplicación

Artigos 2 e 3

3

Fóra de prazo

Artigo 11

4

Xa ten unha solicitude feita por Fides e estimada

Acta núm. 1 Comisión de Seguimento

5

Xa ten unha solicitude feita por Fides pendente de resolver

Acta núm. 1 Comisión de Seguimento

6

Sentenza non firme

Cláusula adicional segunda

7

Non ten o grao I en 31.12.2021

Artigo 16.1.c)

8

Non quere acollerse ao proceso de funcionarización

Artigo 8.b)

9

Non fai a solicitude por Fides

Artigo 11

Data solicitude

NIF

Interesado/a

Grao

Causa

1

2.12.2022

***4310**

Cristina Isabel Fernández Otero

1

1, 2

2

16.12.2022

***8969**

Fernando Rodríguez García

1

1

3

23.12.2022

***4518**

Francisco Javier Besada Quintana

1

1

4

8.8.2023

***5905**

María Amparo Sánchez Colino

1

3

5

8.8.2023

***4992**

María Dolores González Fernández

1

3

6

19.9.2023

***5906**

José Martín Aldegunde López

2

3, 6, 7

7

20.9.2023

***3889**

María Dolores Cabana Freire

1

1, 2, 3