DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2023 Páx. 63679

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503H).

Advertido erro no anexo II da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 219, do 17 de novembro de 2023, cómpre substituír a páxina 63469 pola que se xunta como anexo.

A publicación desta corrección non modifica o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 10 da resolución.

missing image file