Expediente: IN407A 2023/110-1
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: renovación da LMTS SCY815 entre CT 15SHJW e CT 15SYC1 e LMTS SCY810 entre CT 15SC92 e CT 15SJMT.
Concello: Santiago de Compostela.
Feitos:
1. O día 7 de marzo de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Co obxecto de mellorar a calidade da subministración, así como de incrementar a capacidade de transporte das liñas existentes para atender os aumentos de demanda de enerxía que se produciron ao longo de tempo nas zonas de Santiago de Compostela que se detallan máis adiante, proxéctase deixar fóra de servizo cinco tramos soterrados das liñas de distribución de media tensión LMT SCY810 Estación autobuses 10 e LMT SCY815 Vite I-Xunta 15, procedentes da subestación San Caetano, e instalar novos condutores en novas canalizacións paralelas ás existentes.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan memoria, planos e orzamento co proxecto de execución denominado renovación da LMTS SCY815 entre CT 15SHJW e CT 15SYC1 e LMTS SCY810 entre CT 15SC92 e CT 15SJMT, asinado o 8.2.2025 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico con número de colexiado LE-1010.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, trasladóuselles unha separata do proxecto ás entidades afectadas, na parte en que a instalación puider afectar bens e dereitos ao seu cargo. A separata contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Así, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Santiago de Compostela e ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
4. O día 11.9.2023 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte a disposición transitoria primeira do Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).
Segunda. Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas:
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas da praza Cervantes, cantón de San Benito, praza de San Agustín, rúa de Altamira, praza de San Fiz de Solovio, ruela de Altamira, rúa Fonte Sequelo e rúa da Conga, no concello de Santiago de Compostela, e as súas características técnicas son as seguintes:
– LMTS (actuación 1 en LMT SCY810 Estación autobuses 10, procedente da subestación San Caetano) a 20 kV, de 257 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CT Cervantes (15SC92) existente e remate no CTC San Félix (15SJMT) existente.
– LMTS (actuación 2) a 20 kV, de 206 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CT Altamira (15SHJW) existente da liña e remate nos empalmes proxectados na LMT SCY815 Vite I-Xunta 15, procedente da subestación San Caetano, na rúa da Conga.
– Os tramos proxectados en simple circuíto discorrerán canalizados no interior de tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro en gabia de dimensións de 0,40 metros de ancho e de 0,80 metros de profundidade nos tramos que discorran por beirarrúa. Os tramos proxectados en dobre circuíto discorrerán canalizados no interior de tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro en gabia de dimensións de 0,40 metros de ancho e de 1,00 metros de profundidade nos tramos que discorran por beirarrúa; instalaranse catro tubos de idénticas características.
– Posta fóra de servizo dos tramos da LMT SCY810 Estación autobuses 10: SCY8100264, condutor UNI-AI-150-RHV (IN407A 2016/2226-1) e SCY8100256, condutor UNI-AI-240-RHZ1-2OL (IN407A 128/2012).
– Posta fóra de servizo dos tramos da LMT SCY815 Vite I-Xunta 15: SCY8150515, condutor UNI-AI-150-RHV (IN407A 2016/2229-1), SCY8150514, condutor UNI-AI-240-RHZ1-2OL (IN407A 10/185) e SCY8150484, condutor UNI-AI-150-RHV (IN407A 2016/2229-1).
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 25 de outubro de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña