DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2023 Páx. 63728

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2023 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Resolución do 6 de outubro de 2023.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no Instituto Galego de Promoción Económica, mediante a Resolución do 6 de outubro de 2023 (DOG núm. 197, do 17 de outubro), esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao/á traballador/a que se expresa no anexo desta resolución, seleccionado/a conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Resolución deste instituto do 6 de outubro de 2023.

Segundo. O cesamento no actual destino do/da traballador/a que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo de tres días se non implica cambio de residencia ou de sete días se comporta cambio de residencia. Cando obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral de Función Pública.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante este instituto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2023

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego
de Promoción Económica

ANEXO

Apelidos e nome: Vicente Davila, Fernando.

DNI: ***5798**.

Grupo/subgrupo: A1.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración xeral da Xunta de Galicia.

Código de posto: IN.IGAPE.00.001.4050118.

Denominación: subdirector/a de Recursos Humanos e Xestión Administrativa.

Consellería: Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Dependencia: Instituto Galego de Promoción Económica. Xerencia.

Localidade: Santiago de Compostela.