DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2023 Páx. 63835

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axentes de extensión pesqueira, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) pola que se dá publicidade de diversos acordos.

O tribunal nomeado mediante a Resolución do 11 de setembro de 2023 (DOG núm. 177, do 18 de setembro), e modificado pola Resolución do 19 de setembro de 2023 (DOG núm. 181, do 22 de setembro) para cualificar este proceso selectivo

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, o primeiro exercicio da fase de oposición cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos.

Para estes efectos, de acordo co disposto na citada base, con corrección de erros publicada o 31 de marzo de 2023 (DOG núm. 64, do 31 de marzo), mediante a Resolución deste tribunal do 13 de outubro de 2023, establecéronse os criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio que establecen que superarán o exercicio as persoas aspirantes presentadas que acaden as mellores puntuacións, ata completar un número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro o número de prazas convocadas, sempre que acaden, en cada unha das partes do exercicio, o mínimo do 50 % das respostas correctas (despois de feitos os descontos correspondentes), ou, subsidiariamente, un mínimo do 40 % das respostas correctas, en cada unha das partes, despois de feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán un cuarto dunha pregunta correcta; as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

O criterio expresado de obtención dunha porcentaxe mínima de acertos en cada unha das dúas partes vén referido á primeira parte de contido teórico (30 preguntas) e á segunda parte de contido teórico e práctico (110 preguntas), sen que sexa posible compensar os acertos que excedan nunha parte cos que falten na outra.

Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque o corte considéranse igualmente aprobadas, aínda que se superase o número de aspirantes antes indicado.

Asignarase a valoración de 15 puntos ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 15 e os 30 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. As persoas aspirantes que non superen o exercicio serán declaradas non aptas.

Segundo. Realizada a corrección dos exames en sesión do 8 de novembro de 2023 de acordo coas normas e criterios anteriores e feitas as deducións segundo o establecido na base II.1.1.1 da convocatoria, acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de 2 persoas aspirantes, e fixouse en 56 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axentes de extensión pesqueira, no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, as persoas aspirantes poderán formular as alegacións que consideren oportunas ás puntuacións, que se presentarán a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).

Quinto. De conformidade co disposto na base V.13 da resolución da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2023

Beatriz Ferro Soto
Presidenta do tribunal