DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2023 Páx. 64297

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo AP, escala de persoal de mantemento.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo AP, escala de persoal de mantemento, pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo AP, escala de persoal de mantemento, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo AP, escala de persoal de mantemento

Tribunal titular:

Presidencia: Ismael Vilacoba Vieito, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Secretaría: Mónica Blas Freire, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Vogais:

– Víctor Manuel Varela Mariño, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

– José García Romero, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación prfesional.

– Montserrat García Vallejo, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Tribunal suplente:

Presidencia: David Sedes Doce, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Secretaría: María del Pilar Ageitos Olveira, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Vogais:

– Mónica Fernández Meirama, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

– Jesús Fernández Díez, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

– Roberto Mallo Souto, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.