Mediante a Resolución do 2 de novembro de 2023 (DOG núm. 214, do 10 de novembro) nomeáronse os tribunais cualificadores dos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na condición de persoal estatutario fixo en diversas categorías, convocados polas resolucións do 14 e do 15 de decembro de 2022.
Na base sétima da Resolución do 14 de decembro de 2022, de convocatoria dos procesos selectivos nas categorías de enxeñeiro/a técnico/a e técnico/a superior en hixiene bucodental, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen os novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.
De conformidade coa mencionada base, e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,
ACORDA:
Primeiro. Nomear, con efectos desde a data da presente resolución, novos membros, na condición de vogal titular, dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso nas categorías de enxeñeiro/a técnico/a e técnico/a superior en hixiene bucodental, convocado pola Resolución do 14 de decembro de 2022 (DOG núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023), nos termos que a seguir se indican:
Tribunal de enxeñeiro/a técnico/a:
Vogal titular: José Miguel Díaz Reija, persoal estatutario de xestión e servizos, enxeñeiro técnico, en substitución de María Arias Reigada, persoal estatutario de xestión e servizos, enxeñeira técnica.
Tribunal de técnico/a superior en hixiene bucodental:
Vogal titular: Dorinda Cristina Martínez Freijomil, persoal estatutario sanitario de formación profesional, técnica superior en hixiene bucodental, en substitución de Modesto Tajes Vázquez, persoal estatutario sanitario de formación profesional, técnico superior en hixiene bucodental.
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2023
Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos