DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2023 Páx. 65336

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que produce a publicación parcial da adxudicación das axudas da Orde do 1 de agosto de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).

Na Orde do 1 de agosto de 2023 (DOG núm. 156, do 18.8.2023), conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, establécense as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

O obxecto desta convocatoria é outorgar axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia, que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutoras e doutores nos seus centros.

As axudas ás universidades do SUG estarán cofinanciadas parcialmente nunha porcentaxe do 60 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 201-2027, dentro do obxectivo político 4: unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade 3: educación e formación; obxectivo específico ESO4.6: promover a igualdade de acceso a unha educación e unha formación de calidade e inclusivas e a súa culminación, en particular para os colectivos desfavorecidos, desde a educación infantil, pasando pola educación e a formación xerais e profesionais, ata a educación superior, así como a educación e a aprendizaxe dos adultos; así mesmo, facilitar a mobilidade educativa para todos e a accesibilidade das persoas con discapacidade; e medida 3.F.01: axudas á formación predoutoral.

Este programa procura a formación de persoas investigadoras para a obtención do título de doutora ou doutor e a adquisición das competencias e habilidades relacionadas coa investigación dentro dun programa de doutoramento. Ademais, fináncianse estadías no estranxeiro de tres meses de duración, co obxecto de que poidan acadar a mención de doutora ou doutor internacional.

No artigo 2.1 da orde de convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e no artigo 2.4 os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas a estas axudas.

De acordo co establecido no artigo 9 da convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes publicáronse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e as entidades solicitantes tiveron un prazo de dez días hábiles para formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades ou ante a Axencia Galega de Innovación, segundo a entidade solicitante. Unha vez que se recibiu e se examinou esta documentación, o 14 de outubro de 2023 publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas excluídas.

As solicitudes admitidas foron valoradas seguindo os criterios de valoración do artigo 10. A valoración da adecuación do proxecto de investigación á Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2021-2027 (RIS3) foi realizada por un grupo de traballo designado polo grupo técnico da Comisión Interdepartamental de I+D+i.

O resultado desta avaliación entregóuselle á Comisión de Selección definida no artigo 11 da orde de convocatoria, que elaborou un informe para os órganos instrutores en que figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas, e as listas de espera para posibles substitucións.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e á persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación, de acordo co artigo 12 da convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 12 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polos órganos instrutores a partir do informe da Comisión de Selección, reunida o día 26 de outubro de 2023, a través da Secretaría Xeral de Universidades e da Axencia Galega de Innovación,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Conceder parcialmente as axudas de apoio á etapa predoutoral convocadas pola Orde do 1 de agosto de 2023 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I desta resolución, en que se reflicte tamén a zona de estadía concedida para as persoas que a solicitaron.

No ámbito das universidades do SUG concédese un mínimo de 12 axudas por cada rama de coñecemento, de acordo co indicado no artigo 4.2 da convocatoria.

Segundo. Establecer a lista de espera para as universidades do SUG, que se inclúen como anexo II, para determinar posibles substitucións, segundo os criterios establecidos no artigo 11. Nesta lista figuran por orde decrecente de puntuación as solicitudes que non acadaron a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda pero que teñen unha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola Comisión de Selección.

Terceiro. Todas as solicitudes que figuran nos anexos I e II desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas nos citados anexos entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o día 1 de decembro de 2023, agás para as persoas non comunitarias, que poderán asinar o contrato ata o 29 de febreiro de 2024. Os contratos regulados na Orde do 1 de agosto de 2023 serán interpretados e regulados consonte o establecido no artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación e as súas modificacións.

Quinto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución, segundo a estrutura de pagamento recollida no artigo 15 das bases da convocatoria.

Universidades do SUG: 90 axudas.

O importe das axudas das universidades do SUG imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2022-2026 nas anualidades de 2023, 2024, 2025 e 2026. As anualidades 2027 e 2028 imputaranse ao novo plan de financiamento universitario. As axudas ás universidades do SUG están cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Aplicación orzamentaria

Universidade

Núm. de axudas

Crédito (en euros)

2023

2024

2025

2026

2027

2028

Total

10.03.561B.444.0

(2016 00129)

UDC

24

24.000,00

43.292,64

187.951,12

44.757,60

41.544,72

84.624,96

426.171,04

USC

50

50.000,00

90.192,85

424.231,50

93.245,45

86.551,20

176.302,00

920.523,00

UVigo

16

16.000,00

28.861,76

120.634,08

29.838,40

27.696,48

56.416,64

279.447,36

10.03.561B.444.0

(2023 00074)

UDC

24

0,00

436.707,36

524.048,88

555.242,40

678.455,28

116.975,04

2.311.428,96

USC

50

0,00

909.807,15

1.091.768,50

1.156.754,55

1.413.448,80

243.698,00

4.815.477,00

UVigo

16

0,00

291.138,24

349.365,92

370.161,60

452.303,52

77.983,36

1.540.952,64

Total SUG

90

90.000,00

1.800.000,00

2.698.000,00

2.250.000,00

2.700.000,00

756.000,00

10.294.000,00

Sexto. As entidades beneficiarias deberán enviar un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades no caso das universidades do SUG, no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 15 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. No ámbito das universidades do SUG, o importe dos contratos das persoas seleccionadas, incluídos os seus custos sociais, estará cofinanciado parcialmente con fondos do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, aprobado pola Comisión Europea o 9 de decembro de 2022, e responde aos obxectivos previstos nel: obxectivo político 4: unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade 3: educación e formación; ESO4.6: promover a igualdade de acceso a unha educación e unha formación de calidade e inclusivas e a súa culminación, en particular para os colectivos desfavorecidos, desde a educación infantil, pasando pola educación e a formación xerais e profesionais, ata a educación superior, así como a educación e a aprendizaxe dos adultos; así mesmo, facilitar a mobilidade educativa para todos e a accesibilidade das persoas con discapacidade.

O cofinanciamento realizarase segundo o sistema de custos simplificado que incorpora a operación conforme o Regulamento (UE) nº 2021/1060, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura. O método establecido é un custo unitario anual, de acordo co artigo 53.1.b) do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

As universidades do SUG beneficiarias teñen as seguintes obrigacións:

1) Están obrigadas ao cumprimento da normativa comunitaria aplicable a este fondo, en particular: o Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados, e o Regulamento (UE) nº 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1296/2013.

2) Require a observancia das normas de subvencionabilidade nacionais que estableza o ministerio con competencias en materia de traballo e seguridade social, mediante as que se determinen os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo Plus durante o período de programación 2021-2027.

3) Implica a obrigación de asegurarse de que os gastos declarados son conformes coas normas aplicables, de ser o caso, e que non existe dobre financiamento do gasto con outros réximes comunitarios ou nacionais así como con outros períodos de programación.

4) Require da concreción do adecuado rexistro dos datos de seguimento e avaliación da actuación, tanto para a acreditación da realidade da actuación como para recoller datos completos de participantes e entidades beneficiadas polas operacións precisos para dar cumprimento aos requisitos de subministración de información a través dos indicadores de realización e de resultados a que fai referencia o artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2021/1057 do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e que se especifican no anexo I do devandito regulamento. Garantirase que se dispoñerá dos datos individualizados de cada un dos destinatarios últimos das actuacións que permitan o cálculo dos devanditos indicadores.

5) Implica o cumprimento das exixencias de visibilidade, transparencia e comunicación reguladas no capítulo III do título IV do Regulamento (UE) nº 2021/1060 e dos demais requisitos establecidos para o efecto pola estratexia de comunicación do organismo intermedio. En concreto, deberá prestar especial atención ás obrigacións recollidas no artigo 50 do devandito regulamento e ter en conta as características técnicas detalladas no seu anexo IX e no documento O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027.

6) Leva aparellada a súa inclusión na lista de operacións regulada no artigo 49.3 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.

7) Obriga a manter rexistros contables independentes ou empregar códigos de contabilidade apropiados para todas as transaccións relacionadas coas operacións, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con fondos do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

8) Require acreditar ante a autoridade de xestión ou, de ser o caso, o organismo intermedio, a realización da actividade e facilitar toda a información requirida polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 74 e 81 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo.

9) Comporta, así mesmo, someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectúen os organismos implicados na xestión ou seguimento do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, as de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, as previstas na lexislación do Tribunal de Contas e outros órganos de control da Administración do Estado ou da Unión Europea, impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control, achegando para iso canta información lles sexa requirida.

10) Conforme o artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, supón conservar no nivel adecuado todos os documentos xustificativos relacionados coa operación que reciban axuda do FSE+ durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que a autoridade de xestión ou, de ser o caso, o organismo intermedio, do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 efectúe o último pagamento ao beneficiario.

11) Comporta a obrigación por parte do órgano xestor, se é ocaso, de comprobar que se mantén o cumprimento dos requisitos establecidos na convocatoria.

12) Implica establecer as condicións detalladas para o intercambio electrónico de datos, de ser o caso (artigo 10.1 Regulamento de execución (UE) nº 1011/2014 da Comisión, do 22 de setembro) co fin de cumprir co establecido no artigo 69.8 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.

13) Implica formalizar as listas de comprobación correspondentes, que servirán de base para as verificacións que leve a cabo o organismo intermedio.

14) Exixe aplicar as medidas de análises do risco e prevención da fraude que correspondan en función da operación executada, empregando para iso, entre outras, as ferramentas que lle sexan facilitadas polo organismo intermedio.

15) Implica colaborar co organismo intermedio na revisión anual que se realice do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, de acordo con os artigos 41 e 42 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.

16) Comporta, no caso de que a actuación fose seleccionada como unha operación de importancia estratéxica para o programa FSE+ Galicia 2021-2027 en relación co artigo 2 (5) do Regulamento (UE) nº 2021/1060, ou que o seu custo total sexa superior a 10.000.000,00 euros, velar polo cumprimento dos requisitos exixidos para a súa implementación, en especial levar a cabo aquelas actividades de comunicación exixidas no artigo 50.1.e) do mencionado regulamento.

17) Implica contribuír, de ser o caso, ao obxectivo de promover o desenvolvemento sustentable establecido no artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060, en consonancia cos obxectivos de desenvolvemento sustentable das Nacións Unidas, o Acordo de París e o principio de non causar un prexuízo significativo.

Noveno. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de
Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía, Industria
e Innovación e presidenta da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Axudas concedidas

Universidade da Coruña.

Nº de expediente

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona estadía

Rama de coñecemento

Puntuación

ED481A-2023-005

Gelpi

Santos

María

2

Ciencias

84,8515

ED481A-2023-220

González

Tabernero

Víctor

3

Ciencias

84,0798

ED481A-2023-047

Tuñas

Maceiras

Isabel

3

Ciencias da Saúde

79,1475

ED481A-2023-202

Estévez

Fernández

Ana Belén

3

Ciencias da Saúde

75,3508

ED481A-2023-191

Silva

Díaz

Manuel

3

Ciencias Sociais e Xurídicas

88,0671

ED481A-2023-174

Hermo

Rebollido

Laura

1

Ciencias Sociais e Xurídicas

76,8778

ED481A-2023-203

Varela

Fernández

Paula

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

72,2433

ED481A-2023-042

García

Expósito

Lucía

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

71,7339

ED481A-2023-219

Soler

García

David

3

Enxeñaría e Arquitectura

89,3911

ED481A-2023-057

Rodríguez

Iglesias

Alonso

3

Enxeñaría e Arquitectura

86,6823

ED481A-2023-006

Romero

Velo

Hilda

1

Enxeñaría e Arquitectura

85,8159

ED481A-2023-187

Pérez

Jove

Rubén

3

Enxeñaría e Arquitectura

85,6826

ED481A-2023-035

Maseda

Dorado

Tomé

2

Enxeñaría e Arquitectura

84,4340

ED481A-2023-152

Goyanes

González

Elena

2

Enxeñaría e Arquitectura

83,0367

ED481A-2023-072

Díaz

Longueira

Antonio Javier

3

Enxeñaría e Arquitectura

82,7008

ED481A-2023-059

Figueroa

Triana

Jorge

2

Enxeñaría e Arquitectura

81,3900

ED481A-2023-034

Suárez

Marcote

Samuel

2

Enxeñaría e Arquitectura

80,7700

ED481A-2023-033

Rodríguez

Pedrouzo

Ana

3

Ciencias

83,0288

ED481A-2023-040

Pérez

Martínez

José Manuel

2

Ciencias

82,3671

ED481A-2023-099

Fernández

Labandeira

Natalia

3

Ciencias

80,5727

ED481A-2023-200

Pardo

Otero

Eva

2

Ciencias

79,5642

ED481A-2023-109

Pérez

Villarino

Joel

2

Ciencias

77,4075

ED481A-2023-008

Magaz

Romero

Samuel

2

Enxeñaría e Arquitectura

76,7653

ED481A-2023-179

López

Martín

Pablo Santiago

2

Ciencias

45,4480

Universidade de Santiago de Compostela.

Nº de expediente

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona estadía

Rama de coñecemento

Puntuación

ED481A-2023-074

Gregores

Pereira

Paula

2

Artes e Humanidades

78,0005

ED481A-2023-064

Cisneros

Pérez

Xosé Ramón

2

Artes e Humanidades

76,8396

ED481A-2023-068

Trincado

Rodríguez

Carla

2

Artes e Humanidades

72,2089

ED481A-2023-085

Manso

Fraga

Tomás

2

Artes e Humanidades

71,9047

ED481A-2023-080

Boullosa

Fraga

Adrián

2

Artes e Humanidades

70,7161

ED481A-2023-126

Rodríguez

Gutiérrez

Sergio

3

Artes e Humanidades

69,1751

ED481A-2023-173

Serantes

Otero

Sergio

3

Ciencias

87,2754

ED481A-2023-053

Alvite

Pazó

Raúl

3

Ciencias

86,5680

ED481A-2023-032

Alvite

Pazó

Samuel

3

Ciencias

85,8068

ED481A-2023-178

Aira

Rodríguez

Carla

3

Ciencias

85,4755

ED481A-2023-145

Pérez

Pérez

Manuel

3

Ciencias

85,2283

ED481A-2023-192

Crespo

Otero

Alfredo

3

Ciencias

84,9232

ED481A-2023-058

Pérez

Maneiro

Martín

3

Ciencias

83,2688

ED481A-2023-111

Fernández

Feijoo

Fátima

3

Ciencias da Saúde

84,3300

ED481A-2023-036

Battistini

Elisa

3

Ciencias da Saúde

83,0800

ED481A-2023-073

Posse

Cepeda

Cristina María

3

Ciencias da Saúde

81,3756

ED481A-2023-037

Baena

Paz

Julia

3

Ciencias da Saúde

81,2470

ED481A-2023-076

Fernández

Santos

Maider

3

Ciencias da Saúde

78,4287

ED481A-2023-168

Carou

Senra

Paola

3

Ciencias da Saúde

78,1977

ED481A-2023-141

Castedo

Caldeiro

Noelia

2

Ciencias da Saúde

77,2090

ED481A-2023-146

Rodríguez

González

Sandra

3

Ciencias da Saúde

76,8408

ED481A-2023-164

Pita

Vilar

María

3

Ciencias da Saúde

76,7657

ED481A-2023-167

Pozo

Rodríguez

Marta

2

Ciencias da Saúde

76,0055

ED481A-2023-115

Díaz

Vázquez

Beatriz

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

82,0255

ED481A-2023-045

García

Maseda

María

3

Ciencias Sociais e Xurídicas

79,4490

ED481A-2023-063

Vicente

Iglesias

Gemma

3

Ciencias Sociais e Xurídicas

78,9718

ED481A-2023-158

Domínguez

Vázquez

Vanessa

3

Ciencias Sociais e Xurídicas

77,0940

ED481A-2023-070

Feijoo

Outumuro

Julia

Ciencias Sociais e Xurídicas

72,9612

ED481A-2023-159

García

Palmeiro

Antonio

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

72,5590

ED481A-2023-043

Forja

Pena

Tania

3

Ciencias Sociais e Xurídicas

71,7430

ED481A-2023-098

Mañá

Fosado

Patricia

3

Ciencias Sociais e Xurídicas

69,9489

ED481A-2023-121

Díaz

Parga

César

3

Enxeñaría e Arquitectura

88,9823

ED481A-2023-049

Feijoo

Fontán

Martina

2

Ciencias

82,9587

ED481A-2023-163

Losada

Castro

Pablo

3

Ciencias

82,4710

ED481A-2023-023

Ramos

Pérez

Brais

2

Ciencias

82,4266

ED481A-2023-140

Suárez de Cepeda

Fuentes

Pilar

2

Ciencias

82,1030

ED481A-2023-103

Cacheiro

Vázquez

Raúl

2

Ciencias

82,0876

ED481A-2023-061

Rodríguez

Acevedo

Iria

3

Ciencias

81,3385

ED481A-2023-060

Vicente

García

Laura

2

Ciencias

81,1053

ED481A-2023-137

Suárez

Lustres

Alejandro

3

Ciencias

80,7368

ED481A-2023-143

Casabella

Amieiro

Braulio

3

Ciencias

79,7748

ED481A-2023-066

Rodríguez

Anadón

Andrés

3

Ciencias

79,6175

ED481A-2023-051

Rodríguez

Fernández

Emilio Xosé

2

Ciencias

79,3575

ED481A-2023-093

Cabezón

Vizoso

Alfonso

3

Ciencias

79,3042

ED481A-2023-138

Ramos

Lage

Lucía

3

Ciencias

79,1800

ED481A-2023-083

Torrón

Celada

Alba María

3

Ciencias

79,1358

ED481A-2023-025

Varela

Miguéns

Marta

2

Ciencias

78,6867

ED481A-2023-128

Troitiño

Cora

Sara

2

Ciencias

78,0900

ED481A-2023-026

Martínez

Delgado

David

3

Ciencias

78,0750

ED481A-2023-124

Malavé

Fernández

María Valentina

3

Ciencias

77,3113

Universidade de Vigo.

Nº de expediente

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona estadía

Rama de coñecemento

Puntuación

ED481A-2023-182

Nieves

Fernández

Mar

2

Artes e Humanidades

74,7168

ED481A-2023-185

Rodríguez

Diéguez

Iago

2

Artes e Humanidades

74,4600

ED481A-2023-133

Fernández

López

Carlos

2

Artes e Humanidades

74,0284

ED481A-2023-086

Jiménez

Desmond

Daniel José

2

Artes e Humanidades

73,2389

ED481A-2023-082

Piñeiro

Fernández

Sara

2

Artes e Humanidades

71,5415

ED481A-2023-092

Garrido

Aniorte

Noemí

1

Artes e Humanidades

69,0280

ED481A-2023-012

Osorio

Novas

Elisa

2

Ciencias

85,5676

ED481A-2023-087

Irfan

Muhammad

3

Ciencias

85,0600

ED481A-2023-227

Rodríguez

García

Brais

Ciencias

84,1340

ED481A-2023-018

González

Romero

Iria

2

Enxeñaría e Arquitectura

79,5666

ED481A-2023-090

González

González

Jaime

3

Enxeñaría e Arquitectura

77,9665

ED481A-2023-132

Lagoa

Núñez

Aarón

2

Ciencias

83,2309

ED481A-2023-130

García

López

Alejandra

3

Ciencias

80,2617

ED481A-2023-089

González

Vázquez

Luis Daniel

2

Ciencias

79,5993

ED481A-2023-134

Costas

Ríos

Lara

3

Ciencias

77,8944

ED481A-2023-084

Lugilde

López

Adrián

1

Enxeñaría e Arquitectura

77,2924

ANEXO II

Listas de espera

Universidades do SUG.

Orde

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona estadía

Puntuación

1

ED481A-2023-120

USC

Capelo

Diz

Alba

3

76,6503

2

ED481A-2023-095

UDC

Lejo

Santiago

Jorge

3

76,5220

3

ED481A-2023-225

UVigo

Toba

Pérez

Artai

2

76,4650

4

ED481A-2023-223

UDC

Filgueiras

Rilo

Juan Luis

3

76,4001

5

ED481A-2023-170

USC

Porres

Ventín

Laura

3

76,3740

6

ED481A-2023-030

USC

Besteiro

Sáez

Javier

3

76,2941

7

ED481A-2023-212

UDC

Rodríguez

Montes

Andrea

2

76,1203

8

ED481A-2023-091

USC

Diz

Castro

Daniel

2

76,0697

9

ED481A-2023-015

UVigo

González

Feijoo

Rocío

1

75,7995

10

ED481A-2023-069

UDC

Ansín

Vallejo

Carmen

2

75,3065

11

ED481A-2023-122

UDC

Lagos

Rodríguez

Manuel

3

75,2625

12

ED481A-2023-162

UDC

Fouz

Penas

Uxía

2

74,8704

13

ED481A-2023-171

UDC

Vila

García

Alejandro

2

74,8333

14

ED481A-2023-055

USC

Carcacía

Campos

Isaac

3

74,7235

15

ED481A-2023-136

UVigo

Morales

Fernández

Ainhoa

2

74,6320

16

ED481A-2023-078

UDC

Naveira

Pazos

Cecilia

2

74,4985

17

ED481A-2023-044

USC

Romero

Estonllo

Marc

3

74,2210

18

ED481A-2023-097

USC

Wendel

John

3

73,7949

19

ED481A-2023-198

USC

Galindo

Morales

Sara

3

73,7043

20

ED481A-2023-183

UVigo

Sánchez

Guirao

Laura

3

73,5535

21

ED481A-2023-190

UDC

Sánchez

Rebón

Bianca

3

73,4716

22

ED481A-2023-217

UDC

Carnota

Núñez

Juan José

2

73,4105

23

ED481A-2023-081

UDC

Rodríguez

Buján

Iván

1

73,3550

24

ED481A-2023-155

USC

Oreiro

Martínez

Paula

1

73,0554

25

ED481A-2023-161

USC

Lois

Cuns

Raúl

3

72,6623

26

ED481A-2023-022

USC

Carracedo

Pérez

María

3

72,6265

27

ED481A-2023-007

UDC

Lamas

Sardiña

Víctor Juan

2

72,2726

28

ED481A-2023-197

USC

Couto

Pintos

Manuel

2

72,2329

29

ED481A-2023-160

USC

Valín

Morandeira

María del Rocío

2

71,8407

30

ED481A-2023-154

USC

Lestido

Cardama

Yago

3

71,7699

31

ED481A-2023-199

USC

Herves

Pardavila

David

3

71,6067

32

ED481A-2023-009

UDC

Molares

Ulloa

Andrés

2

71,3840

33

ED481A-2023-013

UVigo

Parente

Sendín

Andrea

2

71,1420

34

ED481A-2023-031

UDC

Alvite

Bergara

Nerea

3

71,1392

35

ED481A-2023-052

UDC

De Castro

Celard

David

2

71,1026

36

ED481A-2023-139

UDC

Guerra

Fandiño

Verónica

2

71,0709

37

ED481A-2023-106

UDC

Lema

Arranz

Carlota

2

70,7875

38

ED481A-2023-016

UVigo

Martínez

Castillo

Cecilia Araceli

2

70,6675

39

ED481A-2023-011

UVigo

Calvo

Portela

Noemi

2

70,3880

40

ED481A-2023-142

UDC

Pérez

Ferreiro

María

2

70,3773

41

ED481A-2023-189

USC

López

Pedrares

Javier

3

70,0981

42

ED481A-2023-002

UDC

Siaba

Casais

Sabela

2

69,8305

43

ED481A-2023-156

UDC

Pérez

Reales

Jesús Adrián

3

69,7235

44

ED481A-2023-127

USC

Gestoso

Castroagudín

Andrea

1

69,4316

45

ED481A-2023-019

UVigo

Copete

Hernández

María Fernanda

3

69,4180