DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2023 Páx. 65354

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 22 de novembro de 2023 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 28 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras do programa Impacto Autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR890A).

A Orde da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade do 28 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras do programa Impacto Autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR890A) (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 4 de xaneiro), establece no seu artigo 5 o crédito orzamentario que financia as subvencións reguladas nesta orde para o ano 2023.

Así mesmo, establece no seu artigo 5.3 que poderá ampliarse a contía máxima deste crédito para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas deste programa, que poderán ser concedidas ao abeiro da orde que se cita nesta disposición, coa finalidade de facer chegar as axudas ao maior número de persoas beneficiarias posibles.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Amplíase o importe total das axudas establecidas na Orde da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade do 28 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras do programa Impacto Autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR890A) (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 4 de xaneiro), que se van conceder ao abeiro da dita orde de convocatoria, na seguinte contía e aplicación orzamentaria, que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023:

Programa Impacto Autónomo: 11.30. 322C 472.0, no código de proxecto 2023 00124, na contía de 3.900.000 € con fondos finalistas do Estado.

Artigo 2

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2023

Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade