DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2023 Páx. 65358

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso de traslados para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia para o corpo de médicos forenses, convocado por Resolución do 25 de xaneiro de 2023.

De conformidade co establecido nos artigos 51, 52 e 53 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, e mais na Resolución do 25 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia para o corpo de médicos forenses,

acórdase:

Primeiro. Resolver o concurso de traslados adxudicando os postos convocados ao persoal funcionario de carreira pertencente ao corpo de médicos forenses que se relaciona no anexo I.

Segundo. Declarar desertos os postos relacionados no anexo II.

Terceiro. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade do persoal funcionario, de oito días hábiles se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e de vinte días hábiles se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma das Illes Balears, Cidade de Ceuta e Cidade de Melilla, en que será dun mes, tanto se o posto de traballo é o de orixe como se é o de destino. Cando o persoal adxudicatario de praza obteña coa súa toma de posesión o reingreso no servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Para o persoal funcionario que estea a desempeñar un posto de traballo en comisión de servizo, para os efectos de prazos posesorios entenderase por localidade do persoal funcionario aquela en que estea a prestar servizos efectivamente.

O prazo para a toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución do concurso no Boletín Oficial del Estado.

Non será necesario que quen se atope desempeñando unha comisión de servizo se desprace ao órgano de orixe que teña reservado para formalizar o cesamento, xa que o poderá facer no órgano en que estea a prestar a comisión; para o efecto, a Administración fará chegar os documentos ao órgano en que se encontre desempeñando a comisión.

Se a resolución comporta reingreso ao servizo activo desde as situacións de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público, de excedencia voluntaria por interese particular, de excedencia voluntaria por agrupación familiar ou de suspensión de funcións, o prazo de toma de posesión deberase computar desde a dita publicación.

O prazo posesorio será retribuído pola Administración competente respecto da praza obtida no concurso.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas, incluídos os de vacacións, que lles fosen concedidos aos interesados.

Cuarto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Todo isto sen prexuízo da interposición do recurso potestativo de reposición, ante a Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2023

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Fase de concurso

Adxudicataria

DNI

Posto de orixe

Posto adxudicado

Núm. orde

Villanueva Linares, Estela

****1132

Instituto de Medicina Legal e Ciencias Forenses de Cataluña.

Médico forense xeneralista

Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Subdirección Territorial de Vigo.

Médico forense xeneralista.

247

ANEXO II

Prazas desertas

Nº orde

Centro de destino

Vacantes

Denominación

214

Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Subdirección Territorial da Coruña.

1

Médico forense (xeneralista)

216

Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Subdirección Territorial da Coruña.

1

Médico forense (xeneralista)

217

Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Subdirección Territorial da Coruña.

1

Médico forense (xeneralista)

218

Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Subdirección Territorial da Coruña.

1

Médico forense (xeneralista)

220

Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Subdirección Territorial da Coruña.

1

Médico forense (xeneralista)

221

Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Subdirección Territorial de Ferrol.

1

Médico forense (xeneralista)

223

Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Subdirección Territorial de Ferrol.

1

Médico forense (xeneralista)

236

Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Subdirección Territorial de Lugo.

1

Médico forense (xeneralista)

237

Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Subdirección Territorial de Ourense.

1

Médico forense (xeneralista)

239

Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Subdirección Territorial de Ourense.

1

Médico forense (xeneralista)

240

Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Subdirección Territorial de Ourense.

1

Médico forense (xeneralista)

241

Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Subdirección Territorial de Pontevedra.

1

Médico forense (xeneralista)