DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2023 Páx. 65688

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de novembro de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 23 de novembro de 2023, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 23 de novembro de 2023, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMAS DE PROVISIÓN

C CONCURSO

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOS CORPOS/ESCALAS

EBI1 ESPECIAL (ESC. TÉCN. SPDCIF - ESP. BOMB. FORESTAL XEFE/A BRIGADA)

ECI ESPECIAL (ESC. TÉCN. OPERATIVA SPDCIF)

EDI2 ESPECIAL (ESCALA DE BOMBEIRO/A FORESTAL - ESP. EMISORISTA/VIXILANTE FIXO)

EDI3 ESPECIAL (ESCALA DE BOMBEIRO/A FORESTAL - ESP. CONDUTOR/A MOTOBOMBA)

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

AXG ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA