DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2023 Páx. 66609

IV. Oposicións e concursos

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 22 de novembro de 2023, do tribunal cualificador nomeado para xulgar o proceso selectivo extraordinario polo que se aproba e fai pública a baremación provisional da proba teórica da fase de oposición das prazas convocadas pola Resolución do 28 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).

O tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, na súa reunión do 21 de novembro de 2023, acordou publicar a baremación provisional da proba teórica da fase de oposición do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías de profesor/a de hixiene, dietética e nutrición (grupo I) e profesor/a do departamento de Servizos (grupo II), convocadas pola Resolución do 28 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro).

A resolución poderase consultar no portal web corporativo da Axencia de Turismo de Galicia, no enderezo electrónico: https://www.turismo.gal/espazo-institucional

De conformidade co disposto no punto III.1 das bases da convocatoria, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar unha reclamación ante o tribunal, dirixida á persoa titular do órgano convocante, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección da Axencia de Turismo de Galicia, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2023

Antonio Casas Calviño
Presidente do tribunal