DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2023 Páx. 66562

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2023 pola que se dá publicidade da concesión dos Premios de investigación sobre VIH e/ou outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2023.

Mediante Resolución do 27 de setembro de 2023 (DOG núm. 190, do 5 de outubro), aprobáronse e publicáronse as bases reguladoras dos Premios de investigación sobre VIH e/ou outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2023.

O xurado destes premios fixo unha revisión bibliográfica dos artigos que cumpren cos requisitos recollidos nas bases reguladoras, avaliándoos segundo os criterios de selección establecidos, tal como se recolle no artigo 8 das referidas bases.

O 14 de novembro, o xurado reuniuse para poñer en común a avaliación dos artigos científicos e propoñer, no acordo de concesión, as catro persoas galardoadas.

Ese mesmo día contactouse telefonicamente coas catro persoas propostas para os premios e todas elas o aceptaron expresamente, así como confirmaron a súa vinculación a un centro ou institución galega incluído no ámbito de aplicación destas bases no momento da elaboración do artigo.

As ditas bases establecían no artigo 10 que a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) ditará a resolución do premio que será inapelable, e farase pública a través do Diario Oficial de Galicia e das páxinas web do Servizo Galego de Saúde, www.sergas.es, e da ACIS, www.acis.sergas.gal

Crédito orzamentario: cinco mil cincocentos euros (5.500,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 12.A1-411A-480.00, proxecto 2018/00003, dos orzamentos do ano 2023 da ACIS:

a) Primeiro premio cunha dotación de tres mil euros (3.000,00 €).

b) Segundo premio cunha dotación de mil cincocentos euros (1.500,00 €).

c) Primer accésit cunha dotación de cincocentos euros (500,00 €).

d) Segundo accésit cunha dotación de cincocentos euros (500,00 €).

No que se refire ás persoas investigadoras premiadas, véxase o anexo.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2023

Julio García Comesaña
Presidente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

ANEXO

Persoas premiadas

Núm.

Persoas autoras

Título do artigo

Centro ou institución galega

Importe do premio

Antela López, Antonio

Patient-Reported Outcomes (PROs) in HIV Infection: Points to Consider and Challenges

Servizo de Medicina Interna.

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela

3.000,00 €

Pérez González, Alexandre

Real-life cohort experience after implementing HIV pre-exposure prophylaxis for one year in northwest Spain

Servizo de Medicina Interna. Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS)

1.500,00 €

accésit

Carballo Fernández, Raquel

Large Increase in Azithromycin-Resistant Neisseria gonorrhoeae in Northern Spain

Servizo de Microbioloxía.

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

500,00 €

accésit

Álvarez Díaz, Hortensia

Predictors of low-level HIV viraemia and virological failure in the era of integrase inhibitors: A Spanish nationwide cohort

Servizo de Medicina Interna. Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

500,00 €