DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2023 Páx. 66577

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 22 de decembro), pola que se fan públicos diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 22 de novembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio), para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 (DOG núm. 244, do 22 de decembro),

ACORDA:

Primeiro. Unha vez revisadas as alegacións presentadas e de conformidade co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, determínase o seguinte:

Respecto ao acceso libre e promoción interna:

– Anular as preguntas cos números 2, 3 e 4. En consecuencia, valoraranse as preguntas de reserva cos números 41, 42 e 43.

– Desestimar as restantes alegacións e/ou reclamacións presentadas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será preciso obter un mínimo de 15 puntos, tendo en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio, aprobados polo tribunal na sesión do día 6 de outubro de 2023, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarán o segundo exercicio pola quenda de acceso libre as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por tres (3) o número de prazas convocadas nesta quenda, sempre que acaden o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

De darse o caso de que o número de aspirantes que superaron este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, sempre que non superen o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por tres (3) o número de prazas convocado nesta quenda.

No acceso pola quenda de promoción interna, superarán o exercicio as persoas aspirantes que acaden o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

De darse o caso de que o número de aspirantes que superaron este exercicio sexa inferior a dous (2), rebaixarase ao mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Feita a corrección e consonte os criterios anteriores, superaron o exercicio un total de dezasete (17) aspirantes no acceso libre e de nove (9) aspirantes no acceso por promoción interna.

De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria e de acordo cos criterios de corrección publicados, superaron o exercicio por acceso libre as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación de polo menos 15 puntos, ao aplicar o criterio de puntuación mínima do 40 % sobre 40 preguntas do exercicio.

En canto ao acceso por promoción interna, superaron o exercicio as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación de polo menos 15 puntos ao aplicar o criterio de puntuación mínima do 50 % sobre 40 preguntas do exercicio.

Terceiro. Publicar no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2023

Alfonso Pereira Martínez
Presidente do tribunal