DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2023 Páx. 66575

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axentes de extensión pesqueira, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 22 de novembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 11 de setembro de 2023 (DOG núm. 177, do 18 de setembro) e modificado pola Resolución do 19 de setembro de 2023 (DOG núm. 181, do 22 de setembro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axentes de extensión pesqueira, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 245, do 27 de decembro) acordou, de conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo terá lugar o día 12 de decembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no seminario A da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán presentarse provistas de bolígrafo de tinta azul e de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, ao xuízo do tribunal, acredite a súa identidade.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2023

Beatriz Ferro Soto
Presidenta do tribunal