DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2023 Páx. 66590

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidade xurídica, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 24 de novembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 15 de setembro de 2023 (DOG núm. 178, do 19 de setembro) para cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidade xurídica, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) acordou, de conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 12 de decembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid núm. 2-4 (As Fontiñas) en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2023

Beatriz Moar Ulloa
Presidenta do tribunal