DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2023 Páx. 66594

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade capataz.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade capataz, pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade capataz, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1,
escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade capataz

Tribunal titular:

Presidencia: Bran Casal Pereira, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes.

Secretaría: María Isabel Noya González, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Vogais:

– Avelino Míguez Cerqueiro, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

– Carmen María Seco García, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal.

– José Antonio Fernández Bouzas, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

Tribunal suplente:

Presidencia: Carlos Enrique Somoza Quintero, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría: Esther Martínez Pulgar, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Vogais:

– Alicia Turnes Landeira, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

– Gonzalo Perales Garat, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes.

– Sandra Martínez Paz, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes.