DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2023 Páx. 66612

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2023 pola que se aproba e fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de PAS funcionario e PAS laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal.

Mediante a Resolución reitoral do 5 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro e BOE do 30 de xaneiro de 2023), convocáronse probas selectivas para cubrir prazas de persoal funcionario e laboral da Universidade de Santiago de Compostela correspondentes ao procedemento de estabilización extraordinaria incluídas na oferta pública de emprego do ano 2022 desta institución, publicada por Resolución do 25 de maio (DOG do 31 de maio).

Mediante Resolución reitoral do 12 de abril de 2023 (DOG do 20 de abril) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, fixándose un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión ou omisión.

Rematado este prazo e consonte o establecido na base 4.3 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer pública as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as citadas listaxes definitivas están exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Nomear, en aplicación da base 5.5 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidenta:

– Maruxa Casal Reyes, persoal directivo profesional da USC.

Vogais:

– Rubén Regueira Gay, persoal directivo profesional da USC.

– Miguel Anxo López Quian, funcionario de carreira da escala técnica superior da USC.

– María José Villaverde Gómez, persoal directivo profesional da USC.

Secretaria:

– María del Carmen Martí Fernández, funcionaria de carreira da escala técnica superior da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidenta:

– María Elena Meaños Melón, funcionaria de carreira da escala técnica superior da USC.

Vogais:

– Elsa María Mosquera Barcia, funcionaria de carreira da escala técnica superior da USC

– Alba Cachafeiro Requeijo, funcionaria de carreira da escala técnica superior da USC.

– Miguel Usón Pérez, funcionario de carreira da escala técnica superior da USC.

Secretario:

– Alberto Mariño Ruza, funcionario de carreira da escala técnica superior da USC.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela