DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2023 Páx. 66746

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lousame

ANUNCIO de finalización do proceso selectivo e contratación como persoal laboral fixo.

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 652/2023, do 31 de outubro, acordouse realizar a contratación como persoal laboral fixo, para obter a praza obxecto de estabilización no proceso selectivo co expediente 2022/E001/000044 (conserxe), a favor de:

Identidade da aspirante

DNI

Miriam Creo Cernadas

***3609**

O que se publica no cumprimento da base xeral núm. 13 e da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Contra a Resolución da Alcaldía poderán interpoñerse, alternativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes, desde o día seguinte ao da publicación, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses, segundo os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (LPACAP), e o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que xulguen oportuno.

Lousame, 2 de novembro de 2023

Mª Teresa Villaverde Pais
Alcaldesa