DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2023 Páx. 67048

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2023 pola que se corrixe a base 6, ampliando os prazos de presentación de solicitudes e corrección establecidos nas bases aprobadas pola Resolución do 18 de outubro de 2023 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso, polo sistema de concurso-oposición, para a contratación dun (1) posto, de persoal laboral fixo de remuda suxeita a convenio, de responsable de sistemas da información e comunicacións.

O prazo para a presentación de solicitudes comezou o día 26 de outubro de 2023 e finalizou o día 10 de novembro de 2023.

Finalizado o prazo, advertiuse que nos puntos 1 e 4 da base 6 hai un erro material en canto aos prazos para presentar solicitudes e para a súa corrección, xa que por un erro de transcrición figura que tales prazos eran de dez e cinco hábiles, respectivamente, cando debería poñer vinte días hábiles para a presentación de solicitudes e dez días hábiles para a corrección.

Por tanto, en aplicación do disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e actuando en uso da delegación de competencias acordada polo Consello de Administración na súa sesión do 22 de abril de 2004, publicada no BOP núm. 99, do 26 de maio de 2004,

RESOLVO:

Primeiro. Corrixir os puntos 1 e 4 da base 6, que quedarán redactados da seguinte forma:

1. O prazo de presentación de solicitudes finalizará aos (10) dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da data da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

4. Os/As candidatos/as excluídos/as dispoñerán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución, para poder emendar o defecto que motivase a súa exclusión ou a súa omisión da lista de admitidos/as ou para efectuar as reclamacións que consideren oportunas. Estas peticións de corrección presentaranse ante o tribunal.

Segundo. Ampliar o prazo de presentación de solicitudes en (10) dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da data da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vilagarcía de Arousa, 23 de novembro de 2023

José Manuel Cores Tourís
Presidente