DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2023 Páx. 67300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se acorda a incoación do procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Josefa Vázquez Sánchez.

Josefa Vázquez Sánchez, con DNI 76322681X, nada en Oleiros (A Coruña) o 27 de marzo de 1944, faleceu o 16 de xaneiro de 2016, no hospital Lucus Augusti de Lugo, con derradeiro domicilio, segundo o certificado do Rexistro Civil, na avenida Terra Chá, s/n, Castro Ribeiras de Lea, en Castro de Rei (Lugo), datos que figuran comprobados, xunto co da súa veciñanza civil galega, no informe preliminar, do 20 de novembro de 2023, do Servizo de Protección e Defensa Patrimonial da Subdirección Xeral do Patrimonio. O devandito informe foi emitido logo da realización das actuacións previas precisas que levan a considerar procedente a apertura do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato da persoa causante, pola presunta ausencia doutros herdeiros con dereito a suceder preferente ao da Administración autonómica, de conformidade co disposto na Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia.

Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, 4 e 7 do Decreto 113/2022, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, e de acordo co artigo 20.bis da Lei 33/2003, de patrimonio das administracións públicas,

RESOLVO:

1º. Incoar procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Josefa Vázquez Sánchez.

2º. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, Área Temática de Patrimonio, Anuncios, que se poderá consultar na seguinte ligazón:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

3º. Remitir copia desta resolución aos concellos de Oleiros, Castro de Rei e de Lugo, así como a calquera outro no que durante a instrución deste procedemento se detecten bens da persoa causante, para a súa exposición pública no seu taboleiro de anuncios, por prazo non inferior a un mes.

O prazo máximo ordinario para resolver este procedemento é dun ano contado desde a data de adopción da presente resolución.

Con anterioridade á resolución do procedemento, calquera interesado poderá presentar alegacións ou achegar os documentos e outros elementos de xuízo que considere oportunos, que se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Subdirección Xeral do Patrimonio, código do expediente ABI/2017/0037, Edificio Administrativo San Caetano, bloque núm. 3, 15781 Santiago de Compostela.

Conforme o previsto no artigo 112.1, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contra a presente resolución non se poderá interpor recurso administrativo, sen prexuízo de que as alegacións de oposición a este acto de trámite que se presenten durante o procedemento, sexan obxecto de consideración, se procede, na resolución que poña fin ao procedemento.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2023

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio da Consellería de Facenda
e Administración Pública