DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2023 Páx. 67133

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais.

O artigo 89 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (en diante LEPG), establece que o concurso é o procedemento normal de provisión de postos de traballo para o persoal funcionario de carreira e consiste na valoración dos méritos e das capacidades e, de ser o caso, das aptitudes dos candidatos conforme as bases establecidas na correspondente convocatoria.

O artigo 90.1 da LEPG establece o concurso ordinario como o procedemento xeral de provisión dos postos de traballo que non teñan establecida outra forma de provisión na relación de postos de traballo.

O artigo 14.2.d) do devandito texto legal atribúe á persoa titular da consellería competente en materia de función pública a competencia para convocar e resolver os concursos de provisión de postos de traballo incluídos nas relacións de postos de traballo do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

Ao existiren vacantes dotadas orzamentariamente na relación de postos de traballo cuxa provisión se considera necesaria, logo de negociación na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal, esta consellería, en uso das competencias que lle atribúe o artigo 14.2.d) da LEPG, resolve convocar concurso ordinario de traslados para a provisión dos postos de traballo vacantes dos corpos, escalas e especialidades da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que se relacionan no anexo I desta convocatoria, de conformidade coas seguintes bases:

I. Requisitos e obrigas de participación.

1. Poderán participar neste concurso:

a) O persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que se relacionan no anexo I, sempre e cando transcorresen dous anos desde que accedese ao posto que veña desempeñando con carácter definitivo, agás que este se provese polo sistema de libre designación, caso en que non se exixirá permanencia. Non obstante, de acordo co disposto no artigo 90.2 da LEPG, para os efectos de poder participar neste concurso, o persoal funcionario de novo ingreso terá que acreditar en todo caso unha antigüidade mínima de dous anos desde o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Ao persoal funcionario de carreira que accedese a un corpo/escala por promoción interna ou en virtude dun procedemento de integración e permanecese no posto de traballo que desempeñaba computaráselle o tempo de servizos prestados neste posto no corpo/escala de procedencia, para os efectos do disposto no parágrafo anterior.

O persoal en destino definitivo que adquiriu a condición de persoal funcionario de carreira ao abeiro da disposición transitoria primeira da LEPG poderá participar sempre que teña unha antigüidade mínima de dous anos na categoría profesional equivalente ao corpo ou escala en que se realizou a súa funcionarización.

b) O persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que se relacionan no anexo I en situación de excedencia voluntaria por interese particular, despois de transcorrer o período mínimo de permanencia nesta situación.

c) O persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en calquera situación administrativa distintas das anteriores que permita a participación no concurso de traslados de acordo coa normativa aplicable.

2. Están obrigados/as a participar neste concurso:

O persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia obxecto desta convocatoria que se encontre ao dispor do órgano competente ou adscrito provisionalmente a un posto de traballo, de acordo co disposto no artigo 97.5 e coa disposición transitoria quinta da LEPG. Deberá solicitar todos os postos de acordo coa base VI.2.

O incumprimento desta obriga determinará a declaración da situación de excedencia voluntaria por interese particular (artigo 97 da LEPG). Para estes efectos, tomarase como data de referencia a da situación administrativa da persoa concursante no día da publicación da convocatoria do concurso de traslados no Diario Oficial de Galicia.

Exceptúase do establecido neste punto o persoal de novo ingreso que non teña unha antigüidade mínima de dous anos desde o nomeamento como persoal funcionario de carreira.

O persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia obxecto desta convocatoria que se encontre adscrito por motivo de saúde ou rehabilitación a un posto de traballo en distinta localidade daquela en que teña o seu destino definitivo estará, en aplicación do disposto no artigo 89 da LEPG, obrigado a participar no concurso e deberá solicitar todos os postos adecuados ao seu corpo, escala e especialidade situados na mesma localidade do posto a que figure adscrito provisionalmente.

O incumprimento desta obriga determinará o cesamento no posto en que figure adscrito por motivos de saúde ou rehabilitación.

3. Non poderán participar neste concurso:

a) O persoal funcionario de carreira da Administración especial da Xunta de Galicia nomeado con carácter provisional como consecuencia da resolución de procesos selectivos, calquera que sexa a situación administrativa en que se encontre. Este persoal será convocado para elixir destino definitivo tras a resolución do concurso, atendendo á orde de prelación obtida no correspondente proceso selectivo.

b) O persoal funcionario de carreira suspenso firme, mentres dure a suspensión.

II. Postos ofertados.

1. Os postos vacantes ofertados neste concurso publícanse no anexo I desta resolución.

2. As persoas interesadas poderán solicitar por orde de preferencia os postos ofertados no anexo I desta convocatoria, aos que se engadirán as potenciais resultas consecuencia das solicitudes de participación presentadas. Considéranse postos de resultas os postos de traballo cuxo sistema de provisión sexa o concurso ordinario e que estivesen ocupados con carácter definitivo por aquelas persoas participantes que obteñan un posto de traballo como consecuencia da adxudicación do concurso.

A relación de postos ofertados en resultas publicarase na web corporativa da Dirección Xeral da Función Pública, no enderezo https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/

III. Valoración de méritos.

1. A valoración dos méritos para a adxudicación dos postos de traballo efectuarase conforme o seguinte baremo:

A. Méritos de necesaria valoración:

A.1. Antigüidade:

Os servizos serán valorados por meses de 30 días a razón de 0,02 puntos/mes.

Para estes efectos, computaranse os servizos prestados de conformidade co establecido na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos nas administracións públicas.

A puntuación máxima na base III.1.A.1 será de 7,5 puntos.

A.2. Coñecemento do idioma galego

• Celga 4 ou equivalente: 2,00 puntos.

• Celga 5 ou curso de nivel medio de linguaxe administrativa galega, curso de nivel medio de linguaxe administrativa local galega, curso de linguaxe xurídica galega, ciclo superior dos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas: 2,75 puntos.

• Curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega ou curso de nivel superior de linguaxe xurídica galega: 3,5 puntos.

En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento de galego, só se computará o superior. Só se valorará un nivel superior ao exixido para o ingreso no corpo ou escala.

Só se lles concederá validez, no que se refire á acreditación do coñecemento do galego, aos cursos, estudos ou titulacións validadas polo órgano competente de acordo coa Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), e pola Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega.

O coñecemento do idioma galego só será obxecto de valoración nesta epígrafe.

A puntuación máxima da base III.1.A.2 será de 3,5 puntos.

A.3. Traballo desenvolvido.

A.3.1. A determinación da puntuación realizarase a partir da suma das puntuacións parciais obtidas no desempeño dun ou máis postos de traballo de cada nivel de destino, como consecuencia de aplicar a seguinte fórmula.

Traballo desenvolvido = (T1*P1 + T2*P2 + ... + Tn*Pn)

Onde:

– Ti amosa o tempo total de traballo desenvolvido nun nivel de destino concreto (i) expresado en meses de 30 días.

– Pi amosa a puntuación asignada ao nivel de destino (i) segundo o seguinte criterio:

Polo nivel de destino 10: 0,001 puntos.

Por cada unidade de nivel de destino que exceda o 10: 0,001 puntos, ata un máximo de 0,020 puntos.

O traballo desenvolvido na situación de comisión de servizos puntuarase como realizado no posto de orixe do funcionario.

A.3.2. Ao persoal funcionario ou estatutario aplicaráselle o nivel de destino do posto de traballo desempeñado nos distintos subgrupos.

A.3.3. Ao persoal laboral fixo que adquiriu a condición de persoal funcionario de carreira ao abeiro da disposición transitoria primeira da LEPG teráselle en conta o traballo desenvolvido como laboral fixo na categoría profesional en que realizou a funcionarización e considerarase como nivel de destino o nivel do posto en que se funcionarizou.

A.3.4. Os servizos prestados como persoal laboral distintos dos indicados no punto A.3.3 consideraranse co nivel mínimo dos corpos da Administración xeral do subgrupo equivalente ao grupo do posto desempeñado.

A puntuación máxima da base III.1.A.3 será de 3,5 puntos.

B. Outros méritos valorables:

B.1. Méritos específicos adecuados ás características do posto de traballo:

Os méritos que se especifiquen para cada posto de traballo desta resolución valoraranse do seguinte modo:

1.1. Por cada mes de servizos en postos desempeñados con experiencia similar ou pertencentes á área funcional á que, de ser o caso, se especifique para cada posto de traballo solicitado: 0,02 puntos.

Para un mesmo posto e un mesmo período, a valoración de experiencia e área funcional non serán acumulativas.

Esta circunstancia apreciarase de oficio e contabilizarase desde o 1.1.2013. A puntuación da alínea 1.1 non poderá superar 2,4 puntos.

1.2. Por estar en posesión da titulación académica oficial que se menciona especificamente: 1 punto. No caso de que se mencione máis dunha titulación só se valorará unha delas.

1.3. Por estar en posesión do nivel de coñecementos da lingua estranxeira que se especifique para o posto de traballo, acreditado segundo o Marco europeo común de referencia para as linguas (MERC): 1 punto. No caso que se mencione máis dun idioma só se valorará un.

1.4. Por estar en posesión do permiso de conducir valorable para o desempeño do posto de traballo: 0,75 puntos.

As distintas epígrafes da base III.1.B.1 non se valorarán como mérito cando figuren como requisito imprescindible para acceder ao posto.

A puntuación máxima na base III.1.B.1 será de 3,0 puntos.

B.2. Grao persoal consolidado.

Polo nivel 12 de grao consolidado e formalizado: 1,3 puntos.

Por cada unidade de nivel que exceda o 12: 0,10 puntos.

No suposto en que as persoas concursantes non teñan recoñecido ningún grao persoal ou este sexa inferior a 12, para os efectos de puntuación nesta epígrafe computarase o nivel mínimo correspondente ao intervalo de niveis do subgrupo a que pertenza o persoal funcionario.

A puntuación máxima na base III.1.B.2 será de 3 puntos.

B.3. Cursos de formación e perfeccionamento.

Valorarase a superación de cursos organizados e impartidos directamente pola Escola Galega da Administración Pública (EGAP), Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), Instituto Nacional da Administración Pública (INAP), as escolas oficiais de formación similares das restantes comunidades autónomas, universidades públicas, os cursos impartidos no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (Afedap), e os cursos impartidos polas organizacións sindicais sempre que estean homologados pola EGAP.

En cada curso de duración igual ou superior a 8 horas lectivas valorarase con 0,01 puntos cada hora de formación, ata un máximo de 1,5 punto por curso.

Non se valorará:

– A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.

– As materias ou créditos que formen parte dunha titulación académica e os cursos de doutoramento, nin os módulos ou partes integrantes dun curso.

– Os cursos que formen parte de módulos ou créditos que dean acceso a titulacións académicas oficiais ou validables por créditos universitarios.

– Os cursos que formen parte dos procesos de selección de persoal funcionario.

A puntuación máxima da base III.1.B.3. será de 5 puntos.

B.4. Titulación académica.

Valorarase a posesión de titulacións académicas oficiais, sempre que sexan distintas á requirida para o ingreso ao corpo desde o que se concurse, e sexan de igual ou superior nivel académico. Só se computará a titulación de maior nivel académico.

– Graduado en ESO ou equivalente: 0,20 puntos.

– Bacharel ou equivalente: 0,40 puntos.

– Técnico superior: 0,50 puntos.

– Grao ou titulacións equivalentes correspondentes ao nivel 2 do Marco español de cualificacións para a educación superior (MECES) (diplomatura universitaria, enxeñaría técnica, arquitectura técnica): 0,60 puntos.

– Máster ou titulacións equivalentes correspondentes ao nivel 3 do MECES (licenciatura universitaria, enxeñaría, arquitectura): 0,80 puntos.

– Doutoramento: 1 punto.

Non se valorarán as titulacións xa computadas como méritos específicos na epígrafe III.1.B.1.2.

A puntuación máxima da base III.1.B.4 será de 1 punto.

Para os efectos de equivalencia de titulación, só se admitirán as establecidas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes con carácter xeral e válidas para todos os efectos, sempre que se indiquen expresamente a disposición en que se establece a equivalencia e o BOE en que se publica.

B.5. Tempo transcorrido desde o último posto obtido con carácter definitivo e medidas de conciliación e de igualdade de xénero:

B.5.1. Tempo transcorrido desde a última adxudicación dun posto con carácter definitivo:

Por cada mes de 30 días de servizos de tempo transcorrido desde a última adxudicación dun posto con carácter definitivo do corpo ou escala desde o que participa: 0,010 puntos. Exceptúanse os períodos de tempo que non sexan computables de acordo coa LEPG.

Exclúense da puntuación os dous anos de permanencia obrigatoria se o último posto adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de concurso, e os dous primeiros anos se o último posto adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de libre designación.

Ás persoas que se atopen na situación de adscrición provisional regulada no artigo 97.1 da LEPG, para os efectos desta base, computaráselles o tempo transcorrido desde a adxudicación do último posto definitivo no corpo/escala desde o que participan.

B.5.2. Medidas de conciliación e de igualdade de xénero:

B.5.2.1. Outorgaranse 0,5 puntos para acceder aos postos situados na localidade onde radique a residencia familiar da persoa concursante, co seu cónxuxe ou parella de feito ou fillos menores de 18 anos, sempre que non teña destino definitivo nesa mesma localidade.

B.5.2.2. Outorgaranse 0,5 puntos para acceder aos postos situados na localidade onde radique o domicilio da persoa dependente respecto da cal a persoa participante fose nomeada coidadora.

B.5.2.3. Outorgaranse 0,01 puntos por mes ao persoal funcionario que estea gozando ou gozase, nos cinco anos anteriores ao remate do prazo de presentación de solicitudes, dunha excedencia por coidado de familiares. Esta circunstancia apreciarase de oficio.

A puntuación da alínea III.1.B.5.2.3 non poderá superar os 0,6 puntos.

B.5.2.4. Para os efectos do disposto nas alíneas 5.2.1 e 5.2.2, a puntuación outorgarase con carácter alternativo e nunca acumulativo. Entenderase por localidade da residencia familiar ou domicilio da persoa dependente tanto o concello no cal efectivamente radiquen como as localidades a unha distancia de 30 quilómetros. A relación das localidades distantes 30 quilómetros segundo o punto de orixe recóllese nas instrucións da Dirección Xeral da Función Pública publicadas no portal web corporativo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procedementos-aplicables-ao-persoal-funcionario-e-ou-laboral/concursos-traslados

Estas circunstancias xustificaranse documentalmente no mesmo prazo de presentación da solicitude de participación.

B.5.3. A puntuación máxima da base III.1.B.5 será de 3,5 puntos.

2. A orde de prioridade para a adxudicación das prazas determinarase pola puntuación obtida de acordo co baremo anterior.

Todos os méritos e requisitos mencionados na base III computaranse ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no concurso.

As distintas epígrafes da base III non se valorarán como mérito cando figuren como requisito imprescindible para acceder ao posto.

3. Establécense como criterios de desempate: en primeiro lugar, no suposto de infrarrepresentación do sexo feminino na escala e especialidade, terá preferencia a muller; en segundo lugar, terán preferencia aquelas persoas funcionarias de carreira que estean adscritas con carácter provisional na data de publicación da convocatoria; en terceiro lugar, atenderase á puntuación outorgada nos méritos de necesaria consideración e, finalmente, decidirá a maior antigüidade na Administración.

IV. Tramitación electrónica.

En desenvolvemento do disposto nos artigos 12 e 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico (DOG núm. 173, do 12 de setembro) (en diante Decreto 151/2022), establécese a obrigatoriedade de que todos os trámites relacionados con esta convocatoria se efectúen a través de medios electrónicos.

a) Presentación de solicitudes (de participación e de elección de postos):

1. Para participantes da Xunta de Galicia en servizo activo na súa escala de participación, accedendo ao portal do empregado no enderezo electrónico https://portax.xunta.es.

2. Para os que se atopen en calquera situación distinta da referida no punto 1, a través do portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública no enderezo electrónico https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/

b) Presentación de documentación adicional á solicitude de participación por conciliación ou adaptación de postos (bases III.B.5.2 e V.5):

1. Documentos electrónicos: se a documentación adicional está formada por documentos electrónicos asinados electronicamente e/ou copias electrónicas auténticas, deberá presentarse a través do procedemento PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Segundo o establecido no apartado 4 do artigo 10 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública e no portal do empregado admitiranse, respectivamente, os sistemas de identificación Chave365 e as credenciais dos directorios corporativos, como sistemas de sinatura para a realización dos trámites indicados, garantindo a acreditación da autenticidade da expresión da vontade e consentimento das persoas interesadas.

2. Orixinais en papel: se a documentación que se remite é un documento orixinal en papel, deberá presentarse nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para que o persoal funcionario do rexistro acredite que é copia electrónica auténtica de documento.

3. Toda a documentación deberá dirixirse á Dirección Xeral da Función Pública, Servizo de Concursos.

V. Solicitudes de participación no concurso e documentación que debe acompañala.

1. A solicitude e, de ser o caso, a documentación adicional, deberá presentarse electronicamente a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e ata o día 21 de decembro de 2023 incluído, e dirixirase á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública.

2. A solicitude de participación atópase dispoñible segundo o indicado na base IV. Tramitación electrónica. Faranse constar os datos persoais e os datos administrativos referentes á súa situación actual e as condicións de participación.

As persoas interesadas, despois de accederen á solicitude de participación, deberán cubrir todos os datos que aparecen no formulario e posteriormente validalos, confirmalos e realizar a presentación electrónica seguindo as instrucións que lles proporcione o sistema. Na solicitude de participación deberán incorporar un enderezo de correo electrónico de contacto. De disporen dun enderezo de correo electrónico corporativo coa extensión xunta.gal, deben proporcionar o dito enderezo.

O persoal funcionario de carreira integrado en máis dun corpo ou escala só poderá participar nunha delas, á súa elección, e presentar unha única solicitude. No caso de presentar máis dunha solicitude, só se terá en conta a última.

3. O persoal funcionario de carreira con algunha discapacidade poderá pedir na súa solicitude de participación a adaptación do posto ou postos de traballo que solicite na fase de elección de postos a que se refire a base VI.

Nese caso, coa solicitude de participación deberase achegar obrigatoriamente un informe expedido polo órgano competente na materia que acredite a procedencia da adaptación (artigo 10 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro).

4. Para os efectos previstos na base III.B.5.2.1, no mesmo prazo de presentación da solicitude de participación, a persoa concursante que non teña destino definitivo na mesma localidade en que se sitúa a residencia familiar co seu cónxuxe ou parella de feito ou fillos menores de 18 anos deberá achegar orixinal ou copia auténtica da seguinte documentación:

a) Certificado de empadroamento colectivo válido onde conste a identificación dos membros familiares e que acredite unha residencia mínima de tres meses respecto á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación.

b) Certificado de matrimonio ou acreditación de ser parella de feito, de ser o caso, ou

c) Certificado de nacemento do fillo ou filla menor de 18 anos ou copia auténtica do libro de familia, de ser o caso.

5. Para os efectos previstos na base III.B.5.2.2, no mesmo prazo de presentación da solicitude de participación, a persoa concursante que fose nomeada coidadora dunha persoa dependente e que non teña destino definitivo na mesma localidade do domicilio desta, deberá achegar orixinal ou copia auténtica da seguinte documentación:

a) Certificación do órgano competente para resolver o nomeamento como persoa coidadora, en que consten o dito nomeamento e a data de efectos, así como o nome e residencia da persoa dependente.

b) Certificado de empadroamento válido da persoa dependente que acredite unha residencia mínima de tres meses respecto á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación .

c) Certificado de fe de vida e estado ou certificado médico que acredite a condición da persoa dependente.

6. No caso de que a documentación indicada nos puntos 4 e 5 non se emitise en prazo por causas alleas á persoa concursante, esta presentará a xustificación documental de tela solicitado en tempo e forma; neste suposto admitirase a súa presentación ata o momento da finalización do prazo para a presentación de reclamacións ás listaxes de puntuacións provisionais.

7. Solicitude condicionada: por razóns de convivencia familiar, dúas persoas concursantes que sexan cónxuxes ou parella de feito, no suposto de estaren interesadas nos postos para un mesmo termo municipal, poderán condicionar a súa petición ao feito de que as dúas obteñan destino nel e, en caso contrario, entenderanse anuladas as peticións efectuadas por ambas.

As persoas concursantes que se acollan a esta petición condicionada deberán facelo constar na súa solicitude de participación. Ademais, deberán achegar no prazo de presentación da solicitude de participación un certificado de matrimonio ou acreditación de ser parella de feito.

8. As solicitudes de participación vincularán as persoas solicitantes. Non obstante, poderase renunciar a participar no concurso en calquera momento ata os dez días seguintes ao da publicación das puntuacións provisionais no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo, non se admitirá ningunha renuncia agás erro manifesto do solicitante apreciado pola Administración.

VI. Solicitudes de elección de postos de traballo.

1. Os postos vacantes ofertados neste concurso publícanse no anexo I desta resolución.

Rematado o período de presentación de solicitudes de participación, publicarase no DOG a apertura dun prazo de 15 días hábiles para a presentación de solicitudes de elección de postos de traballo.

Ademais dos postos ofertados no anexo I, engadiranse as potenciais resultas, que se publicarán na web corporativa da Dirección Xeral da Función Pública, no enderezo https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/

2. De acordo co disposto na base I.2.a), e co artigo 97.5 da LEP, o persoal funcionario de carreira que se encontre ao dispor do órgano competente ou adscrito provisionalmente a un posto de traballo estará obrigado a solicitar todos os postos adecuados ao seu corpo, escala ou especialidade situados en localidades que se atopen á distancia que se determine regulamentariamente da localidade do último posto que ocupou con carácter definitivo ou, á súa elección, da localidade do posto a que estea adscrito provisionalmente (de conformidade co artigo 38.3 do Decreto 151/2022, esa distancia queda establecida en 30 quilómetros) ou, á elección da persoa concursante, solicitar todos os postos situados nalgunha das seguintes localidades: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense. Esta elección deberase manifestar expresamente na solicitude de elección de postos de traballo.

A relación das localidades distantes 30 quilómetros segundo o punto de orixe recóllese nas instrucións da Dirección Xeral da Función Pública publicadas no portal web corporativo no enderezo web: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procedementos-aplicables-ao-persoal-funcionario-e-ou-laboral/concursos-traslados

O persoal a que se refire a base I.2.a) poderá solicitar, ademais dos que está obrigado a pedir, calquera outro posto ofertado para o que cumpra os requisitos.

Ao persoal funcionario de carreira que, cumprindo coa obriga establecida no artigo 97.5 da LEPG, na resolución do concurso non obteña un dos postos incluídos na súa solicitude de elección de postos, seralle adxudicado pola Dirección Xeral da Función Pública, de oficio e con carácter definitivo, un posto de traballo correspondente ao seu corpo e escala e especialidade de entre aqueles que quedasen vacantes. A adxudicación realizarase de conformidade cos criterios dispostos no artigo 38.3 do Decreto 151/2022, tendo en conta a puntuación obtida e o número de secuencia dos postos ofertados.

3. Para a elección dos postos de traballo, a solicitude de postos atópase dispoñible segundo o indicado na base IV. Tramitación electrónica. As persoas concursantes deberán cubrir todos os datos que aparecen en pantalla e indicar por orde de preferencia os postos a que optan no concurso, podendo combinar e intercalar os inicialmente ofertados no anexo I cos potenciais de resultas. Finalmente, deberán validar e confirmar a solicitude de postos de traballo.

4. Con independencia do establecido na base I.2, relativa á obrigatoriedade de participación, entenderase que desisten da solicitude de participación no concurso todas aquelas persoas que formulasen unha solicitude de participación pero non presenten unha solicitude de elección de postos de traballo.

5. As solicitudes de elección de postos de traballo vincularán as persoas solicitantes.

6. A adxudicación dos postos de traballo efectuarase nun proceso de asignación único que incluirá todas as prazas ofertadas.

As persoas solicitantes só poderán ser adxudicatarias daqueles postos para cuxo desempeño reúnan os requisitos establecidos na correspondente relación de postos de traballo e que acaden a puntuación mínima requirida especificada para cada posto no anexo I e nas potenciais resultas.

A adxudicación dun posto de resultas estará condicionada a que o dito posto sexa de necesaria cobertura.

VII. Xustificación da posesión de méritos e requisitos.

1. Os méritos e os requisitos específicos para o acceso aos postos deberán posuírse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no concurso, concretamente o día 21 de decembro de 2023.

2. As persoas concursantes poderán xustificar a posesión dos méritos e requisitos para a súa baremación ata o último día do prazo de solicitudes de elección de postos de traballo.

3. Os méritos e requisitos deberán acreditarse de conformidade co procedemento establecido na orde pola que se regulará o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais, que se publicará, mediante resolución da Dirección Xeral da Función Pública, no Diario Oficial de Galicia.

Non se terán en conta os méritos que non se presenten conforme o establecido no dito procedemento.

Non obstante, consideraranse como méritos ou requisitos todos os datos das persoas concursantes que xa consten no seu expediente persoal electrónico, sempre que estean referidos á data que se establece no punto primeiro e que se incorporasen no expediente ata a data límite indicada no punto segundo.

VIII. Listaxe de persoas admitidas e excluídas.

1. Rematados os prazos de presentación das solicitudes de participación no concurso e de petición de postos de traballo, a Dirección Xeral da Función Pública ditará resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, na cal se declararán aprobadas as listas de persoas admitidas e excluídas con indicación do lugar en que estarán á disposición das persoas interesadas.

2. As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, para poder emendar o defecto que motivase a exclusión, de ser o caso. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública e deberá cubrirse e presentarse electronicamente.

Transcorrido o dito prazo, a consellería ditará a resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

IX. Comisión de Valoración.

1. A valoración dos méritos alegados polas persoas concursantes para a adxudicación dos postos de traballo vacantes será efectuada pola Comisión de Valoración que prevé o artigo 15 do Decreto 151/2022, coa composición establecida nel. Esta comisión terá a categoría primeira das previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, e será nomeada polo órgano convocante. Os acordos da comisión adoptaranse por maioría dos seus membros.

2. A Comisión poderá dispor a incorporación aos seus traballos de persoas asesoras para aquelas tarefas que o requiran, que serán nomeadas polo órgano convocante.

3. A proposta de adxudicación dos postos de traballo ofertados recaerá sobre a persoa concursante que obtivese maior puntuación conforme o baremo establecido na base III, así como, se é o caso, conforme os criterios de desempate fixados na base III.3.

4. Despois de efectuar a proposta de valoración provisional dos méritos, esta farase pública no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Contra a mencionada resolución as persoas concursantes poderán formular as oportunas reclamacións, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da súa publicación. O formulario de reclamación deberá cubrise e presentarse electronicamente segundo o establecido na base IV. Tramitación electrónica.

O formulario de reclamación deberá concretar a epígrafe ou epígrafes da base V sobre as que se interpón a reclamación, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.

5. Examinadas e resoltas pola comisión as reclamacións presentadas, elevarase proposta definitiva de resolución do concurso. A convocatoria resolverase por resolución da persoa titular da consellería competente en materia de función pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na cal figurarán os destinos adxudicados a cada unha das persoas concursantes.

A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas contra a valoración provisional de méritos entenderanse implícitas na resolución pola que se resolva o concurso.

X. Adxudicación de destinos.

1. Os destinos adxudicados serán irrenunciables salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, polo procedemento de libre designación ou por concurso, casos en que poderán optar entre os postos adxudicados, estando obrigados a comunicar por escrito a opción seleccionada á Dirección Xeral da Función Pública no prazo de tres días seguintes ao da publicación no DOG da resolución pola que se abren prazos posesorios.

2. Os traslados que deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios polo que, en consecuencia, non xerarán dereito a indemnización.

XI. Toma de posesión.

A toma de posesión en todos os postos adxudicados como consecuencia da resolución do concurso efectuarase a partir da data que se faga constar na resolución deste e iniciará o cómputo dos prazos posesorios establecidos no artigo 8 do Decreto 151/2022.

XII. Recursos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file