DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2023 Páx. 67367

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira (informadora xuvenil) en cumprimento de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

A Concellaría responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante resolución do 23 de outubro de 2023 nomeou funcionario/a de carreira deste concello, en virtude de proposta do tribunal cualificador do proceso selectivo convocado en cumprimento da Lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, a:

– Cristina María Ameijeiras Rodríguez, con DNI ***0006**, para ocupar unha praza de informador/a xuvenil da escala de Administración especial, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

O dito nomeamento efectuouse segundo proposta do tribunal cualificador, ao cal se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra a dita resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contados desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente conforme dereito.

Pontevedra, 6 de novembro de 2023

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 17.6.2023)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados