DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2023 Páx. 67364

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Celanova

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público ordinaria correspondente ao exercicio 2023.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 8 de novembro de 2023, publícase que o Concello de Celanova aprobou a oferta de emprego público ordinaria correspondente ao exercicio 2023, co seguinte contido:

«Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público de 2023 coa inclusión das seguintes prazas:

– Prazas de acceso libre.

Persoal laboral fixo:

Denominación da praza

Grupo

Sistema de selección

Nº prazas

Xornada

Operario de limpeza viaria-condutor/a-maquinista

V

Concurso-oposición libre

1

Completa

Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios do Concello de Celanova, así como na sede electrónica deste concello https://celanova.sedelectronica.es/info.0, no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificarlles este acordo aos empregados públicos municipais que se encontran ocupando as prazas que son obxecto da oferta.

Cuarto. Ordenar que a convocatoria das prazas se publique no Diario Oficial da provincia, da Comunidade Autónoma ou, de ser o caso, do Estado, no prazo improrrogable de tres anos, contados desde a data da publicación da oferta de emprego público en que se inclúan as prazas».

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, alternativamente, o recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Ourense, ante a Alcaldía deste concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Ourense, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Así mesmo, poderase exercer calquera outro recurso que se considere pertintene.

Celanova, 14 de novembro de 2023

Antonio Puga Rodríguez
Alcalde