DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 68038

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A. (TUSSA)

ANUNCIO da convocatoria para a contratación de dúas prazas de administrativo/a.

O Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA), en sesión do 27 de novembro de 2023, aprobou as bases reguladoras para a contratación de dúas prazas de administrativo/a.

As bases que rexen a convocatoria pódense recoller en TUSSA, na rúa Clara Campoamor, s/n, 15702 Santiago de Compostela (na estación intermodal), de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, ou pódense descargar directamente da páxina www.tussa.org, na epígrafe convocatorias.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2023

José Ramón Mosquera Ferreiro
Director xerente da Sociedade Municipal de Xestión
do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA)