DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 68015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2023 pola que se autoriza a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora da concesión administrativa e da batea Francisco Javier.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Francisco Javier e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 20 de setembro de 2023, Juan Ramón Piñeiro Figueira solicitou autorización para a transmisión mortis causa por pacto de mellora da concesión administrativa e da batea Francisco Javier.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Con data do 26 de setembro de 2023 emitiuse pola Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica informe favorable á transmisión.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG núm. 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora, a favor de Juan Ramón Piñeiro Figueira (***8111**) da concesión administrativa e do establecemento que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Francisco Javier.

Situación:

Cuadrícula nº: 16.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 4.6.1980.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Ramón Piñeiro Otero (***3193**), (50 % ganancial) y Dolores Figueira Martínez (***1398**), (50 % ganancial).

Novo titular: Juan Ramón Piñeiro Figueira (***8111**), (100 % privativa).

O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 15 de novembro de 2023

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña