DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 67948

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos, pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos

Tribunal titular

Presidencia:

– Roberto Arias Sánchez, persoal funcionario do corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos, subgrupo A1.

Secretaría:

– María del Mar Estévez Mosquera, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– José Antonio Serantes Barbeito, persoal funcionario do corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos, subgrupo A1.

– María Isabel Marta Vázquez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Enrique Guillermo Maciñeira Alonso, profesor asociado na Escola de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos na Universidade da Coruña.

Tribunal suplente

Presidencia:

– Patricia Villajos Grande, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

– María Yolanda Blanco Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Sergio López Muíña, persoal funcionario do corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos, subgrupo A1.

– María Jesús Tejada López, persoal funcionario do corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos, subgrupo A1.

– Carlos Iván Cacheiro Villamisar, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.