DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 68035

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convocan procesos selectivos para cubrir catro prazas de persoal.

– Dúas (2) prazas de técnicos/as superiores de proxecto (referencias: SINFONÍA-23-TSP1; SINFONÍA-23-TSP2).

Proxecto que se vai desenvolver: Radiation risk appaisal for detrimental effects from medical exposure during management of patients with lymphoma or brain tumour (SINFONÍA) financiado pola Comisión Europea.

– Unha (1) praza de técnico/a superior de proxecto (referencia: QUANTUMSPAIN-23-TSP1).

Proxecto que se vai desenvolver: QUANTUM ENIA (QUANTUM SPAIN) concedido no marco da Agenda España Digital 2025 do Plan de recuperación, transformación y resiliencia, de conformidade co disposto no Real decreto 936/2021, do 26 de outubro.

O prazo de presentación de solicitudes, para estes postos ofertados, será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

– Unha (1) praza de técnico/a superior de proxecto (referencia: COPERNICUS-23-TSP1).

Proxecto que se van desenvolver: COPERNICUS MARINE-Production-Provision of Ocean Monitoring and Forecasting Products financiado pola Comisión Europea.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Modalidade contractual: contratos temporais de duración determinada a xornada completa, para execución de proxectos financiados con fondos europeos e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, regulados polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021.

As bases dos procesos selectivos para estas prazas están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2023

Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia