
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1.1. Poder adxudicador:
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111 (A Coruña).
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Código/s CPV: 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).
4. Código/s NUTS do lugar principal do servizo: ES111 Sada (A Coruña).
5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de ampliación da estación depuradora de augas residuais de Sada (A Coruña)-obra con referecia de expediente AUG-2023-0005 e clave do documento técnico OH.315.1189. Referencia de expediente: AUG-2023-0014.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeita a regulación harmonizada, polo trámite ordinario e gasto anticipado.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 154.004,22 euros. Importe total: 186.345,11 euros.
8. Valor estimado do contrato: 184.625,11 euros. Inclúe o orzamento de licitación (154.004,22 euros) e a/as prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (30.620,89 euros).
9. Prazo de execución do contrato: 30 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 6 meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 15 %), metodoloxía proposta sobre a coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución da obra (ponderación 15 %), análise da posible coordinación de actividades empresariais e procedemento previsto para levala a cabo (ponderación 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %) e sistema de seguimento da programación da obra (ponderación 7 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 4 de outubro de 2023.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1. Ofertas totais: 9.
12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 6.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 6 novembro de 2023.
14. Empresa contratista:
14.1. Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: TPF Getinsa Euroestudios, S.L.
14.2. NIF: B84840685.
14.3. Enderezo: rúa Sobre A Igrexa, 129, 15640 Guísamo, Bergondo (A Coruña).
14.4. Código NUTS: ES111.
14.5. Correo electrónico: ofertas@tpfingenieria.com
14.6. Fax: 914 18 21 12.
14.7. Teléfono: 661 33 05 37.
14.8. Pequena ou mediana empresa: non.
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 124.743,42 euros. Importe total: 150.939,54 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e susceptible de cofinanciamento nun 60 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.
A actuación enmárcase dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 no Obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; Prioridade de Investimento 6.2 «Investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para dar resposta ás necesidades, identificadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; Obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga»; Actuación 6.2.1.2 «Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas» (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO); Operación «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Ares-Betanzos. Aglomeración de Sada».
A actuación enmárcase dentro do programa Galicia Feder 2021-2027 no Obxectivo político 2 «Unha Europa máis verde»; Obxectivo específico 2.5 «Promover o acceso á auga e unha xestión hídrica sostible»; Liña de actuación 2.5.03 «Investimentos en materia de saneamento e depuración necesarias para o cumprimento das directivas en materia de augas»; Ámbito de Intervención TI0066 «Recollida e tratamento de augas residuais de acordo cos criterios de eficiencia enerxética»; Operación «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Ares-Betanzos. Aglomeración de Sada».
Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.
17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado:
17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03.
17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.
Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 1 de febreiro de 2023.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 5 de outubro de 2023.
Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 7 de novembro de 2023.
Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 9 de novembro de 2023.
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2023
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia
