DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2023 Páx. 68187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 28 de novembro de 2023 polo que se somete a información pública a aprobación inicial do Plan estruturante de ordenación do solo empresarial da área industrial de Paderne de Allariz, Ourense.

De conformidade co establecido no artigo 38 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, sométese á información pública polo prazo de vinte días hábiles, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Ourense, a aprobación inicial do Plan estruturante de ordenación do solo empresarial da área industrial de Paderne de Allariz.

Durante o prazo referido calquera persoa poderá examinar a devandita documentación no portal de transparencia e Goberno aberto da Xunta de Galicia e na páxina web do IGVS (https://igvs.xunta.gal/areas/solo-empresarial/plans-e-proxectos-de-parques-empresariais) e presentar ante o IGVS as alegacións, os documentos e as xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo