DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2023 Páx. 68345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 29 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica nos concellos de Mazaricos e Dumbría (expediente IN408A 2018/31).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Subestación colectora 30/66 kV e LAT 66 kV A Ruña-Regoelle nos concellos de Mazaricos e Dumbría (expediente IN408A 2018/31), por Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 7 de setembro de 2023, a favor da entidade beneficiaria Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U., con enderezo en Carreira do Conde, 2, 1º B, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña).

Esta xefatura territorial, de conformidade co artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e co 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar os días 26, 27, 28 e 29 de febreiro de 2024 en Dumbría, e 1 de marzo de 2024 en Mazaricos, para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución nos taboleiros de edictos dos concellos de Mazaricos e Dumbría, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 9.2.2021, e no xornal La Voz de Galicia da mesma data, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará notificación individual sinalándolles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 29 de novembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña