DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2023 Páx. 68518

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea novo membro do tribunal cualificador dos procesos selectivos, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo nas categorías de facultativo/a especialista de atención primaria, facultativo/a especialista de área en diversas especialidades e pediatra de atención primaria.

Mediante a Resolución do 19 de setembro de 2023 (DOG núm. 185, do 28 de setembro) nomeouse o tribunal cualificador nos procesos selectivos, polo sistema de concurso, para o ingreso á condición de persoal estatutario fixo nas categorías de facultativo/a especialista de atención primaria, facultativo/a especialista de área en diversas especialidades e pediatra de atención primaria, convocados polas resolucións do 4 de maio de 2023 (DOG núm. 29, do 15 de maio) e do 11 de maio de 2023 (DOG núm. 98, do 25 de maio).

Na base sétima das citadas resolucións de convocatoria dos procesos selectivos disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen os novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear, con efectos da data da presente resolución, un novo membro do tribunal cualificador do concurso de méritos para o ingreso nas categorías de facultativo/a especialista de atención primaria, facultativo/a especialista de área en diversas especialidades e pediatra de atención primaria, convocados polas resolucións do 4 de maio de 2023 (DOG núm. 92, do 15 de maio) e do 11 de maio de 2023 (DOG núm. 98, do 25 de maio), nos termos que a seguir se indican:

Secretaria titular: María José Montero Furelos, persoal estatutario de xestión e servizos, grupo técnico da función administrativa, en substitución de Francisco Javier Patiño Patón, funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos