DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2023 Páx. 68566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 24 de novembro de 2023, da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición presentado contra a factura 202304512 emitida polos servizos sanitarios prestados neste centro.

Mediante esta cédula, e debido a que, intentada a notificación da resolución do recurso de reposición a María Aurora Rodríguez Vázquez, non puido ser atopada no enderezo facilitado pola interesada, comunícase:

Resolución de recurso de reposición por servizos de asistencia sanitaria prestados neste centro:

Referencia: 202304512.

Antecedentes:

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras emitiu, con data do 20 de xullo de 2023, a factura 202304512 por servizos sanitarios prestados neste centro.

A interesada presenta recurso de reposición do 2 de agosto de 2023.

RESOLVO:

Desestimar o recurso de reposición presentado, polo que non procede a anulación da factura 202304512 a nome da recorrente.

Contra esta resolución poderase interpoñer reclamación económico-administrativa, ante a Xunta Superior de Facenda, de acordo co disposto no artigo 49 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e nos artigos 226 e 227 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. Esta reclamación interporase no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, e dirixirase ao órgano administrativo que ditou o acto. A resolución da reclamación porá fin á vía administrativa.

Para que conste, sirva de notificación á interesada, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 24 de novembro de 2023

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín
e O Barco de Valdeorras