DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 69514

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada

ANUNCIO de nomeamento de persoal laboral fixo.

Anuncio polo que se nomea persoal laboral fixo da Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría grupo I, tesoureiro/a e, na categoría grupo III, administrativo/a, convocado pola Resolución do 27 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 248, do 30 de decembro).

Mediante as resolucións do 10 de novembro dos tribunais cualificadores dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, na Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada, proponse o nomeamento como persoal laboral fixo das persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos.

Vistas as anteditas resolucións, mediante o Acordo do Comité Executivo da Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada do 13 de novembro de 2023 noméase persoal laboral fixo da Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada, nas categorías indicadas, as persoas que se relacionan a seguir:

– Mercedes Cuiña Puente, con DNI ***5525**, na categoría grupo I, tesoureiro/a.

– José Manuel Bouzas Blanco, con DNI ***7027**, na categoría grupo III, administrativo/a.

As resolucións dos tribunais cualificadores e o acordo do Comité Executivo publicaranse no portal web corporativo da Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada www.feiradomoble.gal

A Estrada, 23 de novembro de 2023

José López Campos
Presidente do Comité Executivo da Fundación de Exposicións
e Congresos de A Estrada