DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 69512

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomamento de funcionario de carreira para ocupar unha praza de cabo do Servizo de Extinción de Incendios, pola quenda de promoción interna, da oferta de emprego público de 2022.

A concellaría responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante a Resolución do 27 de outubro de 2023, nomeou funcionario de carreira deste concello a:

– Diego Marcos Lorenzo, con DNI ***1674**, para ocupar unha praza de cabo do Servizo de Extinción de Incendios, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna, da OEP de 2022.

O dito nomeamento efectuouse segundo proposta do tribunal cualificador, ao que se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra a dita resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente conforme dereito.

Pontevedra, 6 de novembro de 2023

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local, do 17.6.2023)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados