DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2023 Páx. 69539

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 9 de novembro de 2023 pola que se convocan para o ano 2024 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (códigos de procedemento IF312A e IF312B) (Diario Oficial de Galicia número 220, do 20 de novembro).

Mediante a Resolución do 9 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, indicada no encabezamento, procedeuse ao nomeamento do tribunal cualificador para a convocatoria do ano 2024.

Logo da dita designación e coa finalidade de garantir o correcto desenvolvemento das probas, considérase procedente incorporar un vogal suplente a maiores dos xa designados. Así, mediante esta resolución efectúase a designación íntegra do tribunal para garantir a máxima transparencia e facilitar o coñecemento da composición do tribunal para as persoas interesadas.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Modifícase o número 15.1 da Resolución do 9 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan para o ano 2024 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia do 20 de novembro de 2023, que queda redactado como segue:

«15. Tribunal.

1. O tribunal cualificador das probas convocadas estará integrado polo seguinte persoal da Dirección Xeral de Mobilidade:

– Presidente:

Antón García Río.

– Presidentes suplentes:

Marta Vázquez Sanjurjo.

Juan Alberto Vidal Herrador.

– Vogais:

Juan Alberto Vidal Herrador.

Eduardo Suárez Campo.

María Inmaculada Carril Barco.

– Vogais suplentes:

Elena Prado Veiga.

Tamara Subiela Gómez.

Marta Figueiras García.

Tania Álvarez Meda.

Iván Marante Rodríguez.

– Secretaria:

María Teresa Somoza García.

– Secretaria suplente:

Marta Figueiras García».

Segundo. Esta resolución producirá efectos desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2023

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade