DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2023 Páx. 69594

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 30 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada e se convocan para ano 2024 (código de procedemento CT402D).

BDNS (Identif.): 732531.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) y 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas xestoras de salas de artes escénicas, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, sempre que se dean as seguintes circunstancias:

a) A persoa solicitante deberá estar en posesión da correspondente licenza de apertura da sala para poder desenvolver a axuda que solicita.

b) A sala deberá ter unha capacidade igual ou inferior a 150 localidades.

c) A persoa solicitante deberá acreditar que a sala para a cal solicita a axuda realizou un mínimo de 50 representacións no ano 2023.

Segundo. Finalidade

Determinar as condicións para impulsar o desenvolvemento da programación de carácter profesional das salas de artes escénicas de titularidade privada e, así, fomentar a súa estabilidade e consolidación e aprobar a convocatoria para o ano 2024.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 30 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT402D).

Cuarto. Importe

O crédito asignado ao financiamento da subvención será de 200.000 euros, suma que irá con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770 do orzamento xeral da Agadic para o exercicio 2024, código de proxecto 2015-0003.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2023

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor
da Axencia Galega das Industrias Culturais