DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2023 Páx. 69692

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario de carreira.

De conformidade co RD 364/1995 e o artigo 62 do RDL 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e en virtude do Decreto da Alcaldía nº 3211/2023, faise público o nomeamento como funcionaria de carreira de Susana Bahamonde López, que toma posesión o 16 de novembro de 2023 como arquitecta técnica.

Arteixo, 17 de novembro de 2023

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente