DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2023 Páx. 69712

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 23 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PR905A).

O 10 de abril de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 23 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PR905A).

O financiamento destas axudas, recollido no artigo 2 da resolución de convocatoria, efectúase con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, inicialmente por un importe dun millón setecentos mil euros (1.700.000,00 €). O dito artigo 2 sinala que este importe poderá ser ampliado nos casos establecidos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, en función das maiores dispoñibilidades orzamentarias que se poidan producir na dita aplicación.

Tendo en conta que esta dotación orzamentaria resulta insuficiente debido ao gran volume de solicitudes recibidas, considérase necesario realizar unha ampliación do importe establecido inicialmente.

En virtude do exposto, no exercicio das competencias atribuídas no Decreto 108/2022, do 16 de xuño, e de conformidade co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da referida Lei 9/2007; nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, e demais normativa de aplicación,

RESOLVO:

Artigo único. Ampliación da dotación orzamentaria

1. Ampliar a dotación orzamentaria prevista na Resolución do 23 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, na contía dun millón vinte mil euros (1.020.000 €), con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.2.

2. Esta ampliación orzamentaria non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na resolución de convocatoria nin o resto do seu articulado.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2023

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración