DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2023 Páx. 69816

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril) e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual

• Tribunal titular:

Presidencia:

– Constantino Modesto Piñeiro Cajete, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

– Juan Carlos Ponte Mahia, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Vogais:

– María Trinidad García García, persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo II, categoría 17, especialidade traballo social.

– Marco Antonio Cobo García, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

– Eva Gloria Barbero Patiño, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade psicoloxía.

• Tribunal suplente:

Presidencia:

– Sandra Manuela Cerqueira Costa, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, especialidade terapia ocupacional.

Secretaría:

– Marta Lorenzo Carpente, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, especialidade enfermaría.

Vogais:

– Rebeca Paz Millor, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, especialidade enfermaría.

– Víctor Manuel Patiño Grela, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Manuel Lage Cobas, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade audición e linguaxe.