DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2023 Páx. 69880

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO da convocatoria para cubrir a praza de auxiliar administrativo correspondente á oferta de emprego público de 2023, dentro do proceso de estabilización.

Por acordo da Xunta de Goberno Local, do 27 de novembro de 2023, aprobáronse as bases xerais, así como a convocatoria para cubrir a praza correspondente á oferta de emprego público de 2023, dentro do proceso excepcional de estabilización de emprego, taxa adicional do Real decreto lei 5/2023, do 28 de xuño.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 239, do 14 de decembro de 2023, aparecen integramente publicadas as bases do proceso selectivo excepcional de estabilización de emprego, taxa adicional do Real decreto lei 5/2023, do 28 de xuño, para cubrir a seguinte vacante: 1 auxiliar administrativo/a (grupo C, subgrupo C2).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra. Así mesmo, publicaranse na sede electrónica deste concello [http://soutomaior.sedelectronica.es].

Soutomaior, 14 de decembro de 2023

Manuel Antonio Lourenzo Sobral
Alcalde