DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2023 Páx. 70154

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2023-2668, do 27 de novembro de 2023, unha vez concluido o procedemento selectivo, efectuouse o nomeamento de:

Identidade do aspirante

DNI

 Francisco Manuel Núñez Armada

****7100*

Característica da praza:

Denominación do posto

Administrativo

Natureza

Funcionario de carreira

Escala

Administración xeral

Subescala

Administrativa

Grupo/subgrupo

C1

Nivel

22

Xornada

Completa

Quenda

Promoción interna

O funcionario nomeado deberá tomar posesión ou incorporarse no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento; de non o facer nin existir causa xustificada, que deberá ser alegada e aceptada, o nomeado quedará na situación de cesante.

O que se fai público para os efectos do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e artigo 25.2 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Baiona, 28 de novembro de 2023

Jesús Vázquez Almuíña
Alcalde presidente