DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2023 Páx. 70355

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público correspondente ao ano 2023.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do 4 de decembro de 2023, foi aprobada a oferta de emprego público do Concello de Cangas correspondente ao ano 2023, que queda configurada polas prazas que a seguir se relacionan:

Persoal funcionario:

Grupo

Denominación

Clasificación

Nº vacantes

C1

Administrativo

Esc. Admón xeral. Subescala Admvo.

2

C1

Policía Local

Esc. admón. especial-servizos especiais

2

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, advertindo que contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, e de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e 8, 45 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, se poderá interpoñer un dos seguintes recursos:

a) Con carácter potestativo, recurso de reposición, ante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, dentro do prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

En caso de optar polo recurso potestativo de reposición, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio administrativo.

Sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, de ser o caso, calquera outro que xulguen procedente.

Cangas, 18 de decembro de 2023

Araceli Gestido Rodríguez
Alcaldesa