DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2023 Páx. 70528

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

A disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e a disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, establecen as previsións necesarias para facer posible a funcionarización do persoal laboral fixo que realiza funcións ou desempeña postos de traballo de persoal funcionario.

O Decreto 165/2019, do 26 de decembro, establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

A presente convocatoria foi asinada polo director xeral da Función Pública, ao abeiro do establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020, da Consellería de Facenda e Administración Pública, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro).

De conformidade co establecido no Decreto 225/2020, do 23 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 260, do 29 de decembro), no Decreto 217/2022, do 22 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 27 de decembro), e no Decreto 143/2023, do 9 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, con respecto das prazas que figuran e sen prexuízo de convocatorias posteriores se resultar necesario, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (en diante, LEPG),

DISPÓN:

Convocar o proceso de funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia pertencente a diversas categorías e postos do grupo II, para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto deste proceso é permitir o cambio do vínculo xurídico do persoal laboral fixo que ocupa algún dos postos sinalados no anexo II á condición de persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas, pertencentes ao subgrupo A2, que se relacionan no anexo I, pola quenda de prazas afectadas polo proceso de funcionarización.

O proceso consta dunha proba tipo test e dunha fase de concurso de méritos.

I.1.1. A este proceso seralle aplicable o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (en diante, TRLEBEP), a LEPG, o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos das persoas aspirantes.

Para ser admitidas no proceso de funcionarización, as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

I.2.1. Ser persoal laboral fixo da Xunta de Galicia das categorías establecidas no anexo I, que ocupe un posto dos establecidos no anexo II.

1.2.2. Reunir os requisitos xerais establecidos para o acceso aos corpos e escalas de Administración xeral e especial da Comunidade Autónoma de Galicia. En todo caso, deberán estar en posesión ou en condicións de obter, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, a titulación académica establecida no anexo I.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

1.2.3. Figurar na listaxe de postos que figura, para cada categoría, como anexo II á presente convocatoria.

I.2.4. Capacidade funcional: posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións ou tarefas que deriven do correspondente nomeamento.

I.2.5. Habilitación: non ter sido separada/o nin despedida/o, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

I.2.6. Todos os requisitos deberán posuírse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación neste proceso e deberán manterse ata o momento da toma de posesión como funcionario de carreira, agás o requisito de ocupar un posto de traballo clasificado como de persoal funcionario de carreira, que deberá cumprirse antes da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

I.2.7. Non poderá participar no proceso de funcionarización o persoal laboral fixo que teña, ademais, a condición de funcionario de carreira dos corpos ou escalas obxecto desta convocatoria.

I.2.8. No caso de participación no presente proceso de funcionarizacion de persoas que teñan a condición de vítimas de violencia de xénero, habilitaranse as medidas necesarias para garantir a protección dos seus datos persoais.

I.2.9. Naqueles casos en que a persoa aspirante participase con anterioridade nun proceso de funcionarización, en que superase a fase de oposición e a fase de concurso, pero quedase excluída do nomeamento ao pasar a unha situación de excedencia no grupo e categoría en que se convocase, e solicitase agora o reingreso ao servizo activo no mesmo ou inferior grupo, poderá participar nesta convocatoria coa obriga de inscribirse pero coa exención da fase de oposición e da fase de concurso, ao se conservaren as actuacións realizadas no proceso anterior.

I.3. Solicitudes.

O persoal laboral fixo que desexe participar no proceso deberán facelo constar no modelo de solicitude que será facilitado gratuitamente na internet.

O prazo para formalizar telematicamente as solicitudes será de vinte (20) días hábiles e iniciarase o día 15 de xaneiro de 2024.

Forma de cubrir a solicitude:

O modelo de solicitude estará dispoñible no seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion/informacion-xeral. A persoa solicitante deberá dispoñer dun certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), DNI electrónico ou Chave365.

Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán consignar todos os datos que aparecen na pantalla e posteriormente validalos e confirmalos.

As persoas aspirantes deberán indicar na solicitude se o texto da proba debera entregarse en idioma galego ou castelán. Unha vez realizada a opción e presentada a solicitude, non poderá ser modificada.

As persoas aspirantes con discapacidade poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

Se a solicitude deriva dunha circunstancia sobrevida, deberán solicitar a adaptación necesaria no prazo dun mes dende que se producise o feito causante e, en calquera caso, nas 24 horas seguintes á publicación da convocatoria para realización do exercicio en que proceda a súa aplicación.

Poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza durante a realización da proba de atención médica especializada. Neste suposto deberán presentar, antes do remate do prazo fixado, o orixinal ou a copia debidamente compulsada do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.

Para calquera aclaración ou información sobre o proceso de inscrición as persoas aspirantes disporán de axudas e formas de contacto específicas en cada pantalla.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública aprobará as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no DOG, con indicación das causas de exclusión que procedan e do lugar en que se atoparán expostas.

I.4.2. As persoas excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no DOG, para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou alegar o que consideren procedente. As alegacións contra as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas deberán presentarse a través da aplicación Fides http://fides.xunta.gal

A estimación ou desestimación das peticións formuladas entenderanse implícitas nunha nova resolución da Dirección Xeral da Función Pública, que será publicada no DOG, pola que se aprobarán as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo https://www.xunta.gal/funcion-publica

II. Proceso.

II.1. Proba tipo test.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cen (100) preguntas tipo test extraídas da batería de preguntas correspondentes ao subgrupo A2, que se atopa publicada no portal web corporativo no seguinte enderezo electrónico: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion/informacion-xeral

A batería de preguntas, coas modificacións realizadas, será a que figure no portal web o día da publicación da presente convocatoria do DOG.

O cuestionario conterá cinco (5) preguntas de reserva, que substituirán, se for o caso, as anuladas pola súa orde. As preguntas terán tres (3) respostas alternativas, das que só unha (1) será a correcta.

A proba terá unha duración máxima de cento vinte (120) minutos.

Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido da proba e as respostas correctas no portal web corporativo https://www.xunta.gal/funcion-publica

O exercicio cualificarase como apto ou non apto. Para obter a cualificación de apto será necesario obter o número mínimo de preguntas correctas que determine a comisión de funcionarización, para o cal se terá en conta que as respostas incorrectas non descontarán.

Para o desenvolvemento desta proba poderán servirse de textos legais sen comentarios. En relación con estes, admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples.

A realización desta proba non terá lugar antes dos dous (2) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

II.2. Concurso de méritos.

II.2.1. O concurso de méritos consistirá na valoración, ao persoal laboral fixo que resulte apto na proba de coñecementos tipo test, dos seguintes méritos:

a) Antigüidade: os servizos serán valorados por meses de 30 días a razón de 0,05 puntos/mes.

Para estes efectos, calcularase o número total de días correspondentes aos períodos computables, dividirase o resultado entre trinta (30) e multiplicarase o cociente, desprezando os decimais, por 0,05.

Computaranse os servizos recoñecidos polo órgano competente de conformidade co establecido na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos prestados na Administración pública.

A puntuación máxima nesta epígrafe será de 12 puntos.

b) Nomeamento na categoría de acceso á condición de persoal laboral fixo: 2 puntos.

II.2.2. O concurso de méritos será cualificado de apto ou non apto. Para superalo será necesario acadar unha puntuación mínima de 6 puntos entre todas as epígrafes puntuables do baremo.

II.2.3. Os méritos enumerados deberán referirse á data de publicación da presente convocatoria.

II.2.4. Cos datos do baremo anterior proporcionados pola Dirección Xeral da Función Pública, a comisión de funcionarización procederá á baremación provisional do concurso de méritos e publicaraa no DOG, con indicación da cualificación de apto ou non apto. Contra a baremación provisional poderase presentar reclamación ante a propia comisión de funcionarización, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no DOG.

A comisión contará co apoio técnico necesario do persoal da Dirección Xeral da Función Pública.

Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, de ser o caso, as oportunas correccións, a comisión publicará no DOG a baremación definitiva do concurso de méritos.

II.3. Desenvolvemento da proba tipo test.

II.3.1. A orde de actuación das persoas aspirantes, de ser necesario, iniciarase alfabeticamente pola primeira da letra V, de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 23 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 18, do 26 de xaneiro), pola que se publica o resultado do sorteo realizado.

II.3.2. As persoas aspirantes deberán presentarse á proba provistas de DNI ou outro documento fidedigno que, a xuízo da comisión, acredite a súa identidade.

II.3.3. A proba realizarase a porta pechada sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, as que integran a comisión e as designadas pola Dirección Xeral da Función Pública como persoal colaborador.

II.3.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas pola comisión para acreditar a súa identidade.

II.3.5. O chamamento para a proba será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas do proceso.

As mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coa data de realización da proba, polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento da comisión, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro dos dous (2) días hábiles seguintes ao anuncio da data da proba e implicará o consentimento da interesada para permitir o acceso da comisión ou do órgano convocante aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación.

A comisión acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso.

II.3.6. O anuncio de realización da proba publicarase no DOG e no portal web corporativo https://www.xunta.gal/funcion-publica, con dous (2) días hábiles, polo menos, de antelación á sinalada para o seu inicio.

II.3.7. Se a comisión, de oficio ou con base nas reclamacións que as persoas aspirantes poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes á realización da proba tipo test, anula algunha ou algunhas das súas preguntas ou modifica o modelo de corrección, publicarao no DOG. As alegacións contra as preguntas deberán presentarse a través da aplicación Fides http://fides.xunta.gal

II.3.8. As listas de persoas aspirantes aptas/non aptas publicaranse no portal web corporativo https://www.xunta.gal/funcion-publica. Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución da comisión pola que se fan públicas as cualificacións da correspondente proba.

II.3.9. En calquera momento do proceso, se a comisión tivese coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral da Función Pública para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento. No caso de que non se acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral da Función Pública proporá a súa exclusión do proceso ao órgano que convoca, que publicará a orde que corresponda.

III. Comisión de funcionarización.

III.1. A comisión de funcionarización será nomeada mediante orde, segundo o establecido no artigo 59 da LEPG, o artigo 60 do TRLEBEP, o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, e o artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

III.2. As persoas que formen parte da comisión absteranse de intervir cando concorran nelas as circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. A concorrencia de calquera das ditas causas deberá serlle comunicada á Dirección Xeral da Función Pública.

A Presidencia deberá solicitar, ás restantes persoas que formen parte da comisión e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos, unha declaración expresa de non se atoparen en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

As persoas aspirantes poderán recusar os integrantes da comisión cando concorra neles algunha das circunstancias referidas no parágrafo primeiro, consonte o establecido no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

III.3. A partir da sesión de constitución, a actuación válida da comisión requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus integrantes, con presenza en todo caso da Presidencia e da Secretaría.

III.4. O procedemento de actuación da comisión axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, na orde pola que se crea e, supletoriamente, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e demais normativa aplicable.

III.5. Por cada sesión da comisión elaborarase unha acta que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura da Secretaría e o visto e prace da Presidencia.

III.6. A Presidencia da comisión adoptará as medidas oportunas para garantir que a proba do proceso sexa corrixida sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.

A comisión excluirá aquelas persoas en cuxa proba figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

As decisións e os acordos que afecten a cualificación e a valoración da proba tipo test deberán adoptarse sen coñecer a identidade das persoas aspirantes a que corresponden os resultados obtidos.

III.7. A comisión adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que as persoas aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para realizar a proba que as restantes aspirantes. Para tal fin estableceranse, para as persoas con discapacidades que o soliciten, as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.

III.8. A comisión terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que o nomeamento como membro da comisión implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

III.9. Os acordos adoptados pola comisión poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

III.10. As comunicacións que formulen as persoas aspirantes á comisión dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela).

IV. Listaxe de persoas declaradas aptas, presentación de documentación e nomeamento como persoal funcionario de carreira.

IV.1. Unha vez rematado o concurso de méritos, a comisión publicará no DOG a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso de funcionarización, con indicación do seu DNI e proporá o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Á vista da proposta anterior, a Dirección Xeral da Función Pública requirirá, con indicación da documentación que deberán achegar para a súa acreditación, aquelas persoas aspirantes que, tendo superado o proceso de funcionarización, non acreditan de xeito suficiente posuíren todos os requisitos para seren nomeadas funcionarias de carreira, para que no prazo de vinte (20) días hábiles presenten a documentación requirida.

IV.2. As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presentasen a documentación a que fai referencia o punto anterior ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2 non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

IV.3. As persoas aspirantes que superen o proceso de funcionarización e teñan acreditada a posesión de todos os requisitos necesarios serán nomeadas persoal funcionario de carreira mediante unha orde da persoa titular da consellería competente en materia de función pública que se publicará no DOG.

IV.4. Na mesma orde de nomeamento a que fai referencia o punto anterior estableceranse os prazos e o procedemento para a toma de posesión como persoal funcionario de carreira, para o que será requisito imprescindible subscribir un acordo de extinción do contrato de traballo que estará condicionado á dita toma de posesión.

IV.5. A toma de posesión efectuarase con carácter definitivo no mesmo posto que se viñese ocupando como persoal laboral.

O persoal laboral fixo que supere o proceso de funcionarización desde un destino con carácter provisional tomará posesión como persoal funcionario de carreira con ese carácter.

O persoal laboral fixo ao cal se lle adxudicase un posto de traballo ao abeiro do disposto no artigo 7.4 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, así como o persoal laboral fixo ao cal se lle adxudicase un posto de traballo ao abeiro do artigo 7.4.b) do IV Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, adquirirá a condición de funcionario de carreira dende a categoría profesional en que se realizou a dita adxudicación, e sen prexuízo da compatibilidade ou non da correspondente pensión de incapacidade que tivese recoñecida.

IV.6. A toma de posesión como funcionario de carreira terá como consecuencia a extinción da vinculación laboral coa Xunta de Galicia unicamente respecto do posto obxecto de funcionarización, conservando as excedencias concedidas noutras categorías laborais antes da adquisición da condición de persoal funcionario de carreira.

V. Disposición derradeira.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, consonte a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de acordo coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Relación de categorías do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia obxecto de funcionarización

Categoría

Prazas

Corpo

Escala

Titulación

1 Director/a administrador/a. Director/a de centro social. Director/a de casa de xuventude. Director/a de centro. Director/a de clínica deportiva. Xefe/a do Servizo Administrativo do IGAEM

8

Xestión da Administración xeral

Sen escala

Diplomado ou graduado nunha titulación de calquera rama

7 Titulado/a de grao medio

5

Xestión da Administración xeral

Sen escala

Diplomado ou graduado nunha titulación de calquera rama

7 Titulado/a de grao medio

1

Facultativo de grao medio da Administración especial

Enxeñeiros técnicos, especialidade de Enxeñaría técnica agrícola

Enxeñeiro técnico agrícola ou graduado nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro técnico agrícola

27 Técnico/a superior diplomado/a en informática

47

Xestión da Administración xeral

Xestión de sistemas de informática

Diplomado ou graduado nunha titulación de calquera rama

2 ATS. Enfermeiro/a. Practicante. DUE

8

Facultativo de grao medio de Administración especial

Técnicos facultativos, especialidade de enfermaría

Diplomado en Enfermaría ou graduado nunha titulación que habilite para a profesión de enfermaría

8 Director/a de gardaría infantil

2

Facultativo de grao medio de Administración especial

Técnicos facultativos, especialidade de educador infantil

Título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre de Educación Infantil ou título de mestre coa especialidade de Educación Infantil

11 Fisioterapeuta

2

Facultativo de grao medio de Administración especial

Escala de técnicos facultativos, especialidade de fisioterapia

Diplomado en Fisioterapia ou graduado nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de fisioterapeuta

17 Asistente/a social

8

Facultativo de grao medio de Administración especial

Escala de técnicos facultativos, especialidade de traballo social

Diplomado en Traballo Social ou graduado nunha titulación equivalente da rama de ciencias sociais e xurídicas

31 Restaurador/a

2

Facultativo de grao medio de Administración especial

Escala de restauración, especialidade de documentos gráficos

Diplomado ou graduado en Belas Artes. Diplomado ou graduado en Restauración de Bens Culturais. Título superior en Conservación e Restauración de Bens Culturais ou calquera outra diplomatura ou grao universitario do ámbito da restauración de bens culturais

6 Educador/a Profesor/a especial

14

Facultativo de grao medio de Administración especial

Técnicos facultativos, especialidade de educador social

Mestre ou graduado nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de mestre en Educación Primaria ou diplomado en Educación Social, ou primeiro ciclo da titulación de licenciado en Pedagoxía, da titulación de licenciado en Psicoloxía ou da titulación de licenciado en Psicopedagoxía, ou graduado nunha titulación da rama de ciencias sociais e xurídicas ou da rama de ciencias da saúde equivalente a calquera das anteriores

ANEXO II

Cadro de postos

Categoría 01

Director/a administrador/a. Director/a centro social (...)

NIF

Inicial

apelido1

Inicial

apelido2

Inicial nome

PSC994070236560001

***3816**

A

C

B

PSC994070136440001

***5703**

C

G

F

PSC994070136240001

***9163**

G

G

M

PSC994070115660001

***1640**

L

S

R

PSC994060136560001

***2580**

L

T

L

PSC994070127640001

***5150**

P

P

J

PSC994070436560001

***5920**

R

M

C

PSC994070136030001

***3912**

R

F

H

Categoría 07

Titulado/a grao medio

NIF

Inicial

apelido1

Inicial

apelido2

Inicial nome

PXA110000015770054

***8460**

C

P

J

PXA110000015770055

***8929**

D

P

M

PXA110000015770052

***6240**

R

M

E

IVE100000015570038

***3329**

F

F

P

IVE100000315770022

***6334**

G

V

M

IVE100000315770023

***6006**

L

D

A

Categoría 02

ATS. Enfermeiro/a. Practicante. DUE

NIF

Inicial

apelido1

Inicial

apelido2

Inicial nome

PSC994050115001336

***5921**

B

M

R

PX4994050136001104

***9140**

D

C

M

PSC994070127640004

***4620**

F

P

H

PSC994080115570028

***4096**

G

I

M

PSC994080127085100

***4579**

L

S

B

PSC994080115570025

***8151**

P

B

E

PSC994090127560027

***2975**

R

P

E

PSC994080036560050

***4087**

V

A

M

Categoría 08

Director/a de gardaría infantil

NIF

Inicial

apelido1

Inicial

apelido2

Inicial nome

TRC994040236560001

***4573**

C

R

F

TRC994040115001001

***4754**

N

L

C

Categoría 11

Fisioterapeuta

NIF

Inicial

apelido1

Inicial

apelido2

Inicial nome

EDC994090127001001

***4276**

G

R

A

EDC994090115350034

***9524**

P

P

B

Categoría 17

Asistente/a social

NIF

Inicial

apelido1

Inicial

apelido2

Inicial nome

PSC994080227001141

***4453**

A

A

P

PSC994080115350020

***4273**

C

C

R

PSC994070115660004

***1644**

C

D

M

PSC994080115190004

***5147**

C

P

B

PSC991000036560522

***9185**

C

R

C

PSC994070132090004

***4319**

G

V

C

PSC991000036560526

***3816**

O

B

M

EDC994070127001003

***3201**

S

R

A

Categoría 27

Técnico/a superior diplomado/a en informática (...)

NIF

Inicial

apelido1

Inicial

apelido2

Inicial nome

PXA110040636001006

***5176**

A

A

A

PXA110000015770090

***7465**

A

B

F

PXA110040736560014

***8042**

A

F

D

PXA110000015770065

***6780**

A

F

F

PXA110000515770034

***7273**

A

R

F

PXA110000215770261

***9724**

B

G

J

PXA110000015770073

***4565**

C

B

M

SAC020000315770015

***6480**

C

F

J

PXA110000215770269

***9443**

C

G

E

PXA110000015770089

***8974**

C

G

J

PXA110000215770266

***9537**

C

P

V

PXA110000015770063

***4865**

D

L

M

PXA110000015770076

***2248**

F

B

M

PXA110000015770064

***6859**

F

C

P

PXA110000215770258

***9759**

F

G

M

PXA110000215770255

***6500**

F

L

R

PXA110000215770259

***1036**

F

M

S

PXA110000515770030

***3677**

F

R

J

PXA110000015770080

***7162**

G

A

R

PXA110000215770267

***6434**

G

C

P

PXA110000015770062

***6965**

G

C

X

PXA110000015770077

***7985**

G

V

E

PXA110000215770256

***0745**

G

V

M

PXA110000415770020

***4455**

I

A

C

PXA110000015770071

***9753**

L

B

M

PXA110000215770257

***2145**

L

G

A

PXA110000015770079

***1936**

M

G

I

PXA110000015770086

***1592**

M

T

M

PXA110000215770264

***1202**

O

V

M

PXA110000015770056

***7914**

P

D

R

PXA110000015770092

***5989**

P

M

J

IVE100000115770026

***1814**

P

S

M

PXA110000215770262

***9682**

P

S

S

PXA110040636001008

***6996**

Q

R

M

PXA110000015770072

***5629**

R

G

M

PXA110000415770024

***5679**

R

L

M

PXA110000015770066

***6780**

R

L

P

PXA110000015770091

***5123**

R

R

B

PXA110000215770263

***5811**

R

S

M

PXA110000015770059

***1730**

S

D

J

PXA110000515770036

***4730**

S

G

J

PXA110000015770087

***3016**

T

P

M

PXA110000015770093

***3542**

T

R

F

PXA110000015770081

***0259**

T

S

J

PXA110000215770270

***1259**

V

F

J

PXA110000015770088

***6150**

Y

G

C

PXA110000515770031

***0407**

Z

C

M

Categoría 31

Restaurador/a

NIF

Inicial

apelido1

Inicial

apelido2

Inicial nome

EDC995030115001037

***8293**

G

A

E

EDC995030115001039

***0808**

G

P

A

Categoría 06

Educador/a. Profesor/a especial

NIF

Inicial

apelido1

Inicial

apelido2

Inicial nome

PSC994090127560056

***5494**

C

B

M

PEC994030115350052

***3897**

C

V

M

EDC994090136350017

***4001**

E

S

B

EDC994090127001027

***1352**

F

C

L

PSC991000036560492

***4051**

G

G

A

PSC994090127560064

***4252**

G

S

J

PSC994090136440080

***8983**

L

P

C

PSC994090136440082

***6865**

M

C

B

PSC994090136440084

***0277**

P

S

M

PSC994030115001003

***0482**

P

O

M

PSC991000036560493

***4910**

R

P

A

PSC994090136440073

***8670**

V

M

E

EDC994090127300019

***4634**

V

A

T

PSC994090136440083

***2963**

V

G

M