DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2023 Páx. 70626

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 14 de decembro de 2023 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca un concurso público de prazas de persoal docente e investigador contratado.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario, na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), na Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador interino e laboral contratado, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, esta reitoría fai público que pola Resolución do 14 de decembro de 2023 convócase un concurso público para a contratación de persoal docente e investigador nas seguintes categorías:

• Profesor/a asociado/a: 5 prazas.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web da Universidade:

http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de decembro de 2023

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución reitoral do 14.1.2020)
Alberto Valderruten Vidal
Vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente