DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2023 Páx. 70653

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria e das bases dos procesos selectivos para a cobertura de dúas prazas de condutor/a e tres prazas de operario/a do servizo de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 223, do 22 de novembro de 2023, publicáronse integramente a convocatoria e as bases que rexerán os procesos selectivos, polo procedemento de oposición libre, para a cobertura de dúas prazas de condutor/a e tres prazas de operario/a do servizo de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 22 de novembro de 2023

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente