DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2023 Páx. 70838

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galicia (subgrupo AP).

En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 169, do 6 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galicia (subgrupo AP), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

En vista das alegacións e dos recursos presentados contra a publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas,

DISPOÑO:

Incluír as seguintes persoas na relación definitiva de aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario, escala de persoal subalterno:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exención de galego

***2105**

Barros Casas, Sonia

Libre

Si

***6433**

Garrido Meijon, José Miguel

Libre

Si

***0141**

Sende Rey, José Antonio

Libre

Si

Modificar a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario, escala de persoal subalterno, en relación coa seguinte persoa:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exención de galego

***7222**

Casanova Ruano, Fátima Belén

Base I.1.1

Si

Modificar a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade persoal de limpeza e cociña, en relación coas seguintes persoas:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exención de galego

***0703**

Álvarez Ballesteros, María

Libre

Si

***3643**

Caloto Mourin, Susana

Libre

Si

***9022**

Castro Granja, Isidro

Libre

Si

***6836**

Trasande Rodríguez, Carlos Alberto

Libre

Si

***3483**

Varela Chouciño, Mª Nieves

Libre

Si

Modificar a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade persoal de recursos naturais e forestais, en relación coa seguinte persoa:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exención de galego

***8037**

Lomba Romero, César

Libre

Si

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo, así como do Celga requirido. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública