DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2023 Páx. 70913

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO dos criterios xerais, convocatoria e bases reitoras do concurso de traslados dos postos de traballo C1, C2 e AP.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 224, do 21 de novembro de 2023 publicáronse os criterios xerais, convocatoria e bases reitoras do concurso de traslados dos postos de traballo C1, C2 e AP.

Consonte o establecido na base sexta, o prazo de presentación de solicitudes foi de 15 días hábiles que contaron a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Vigo, 28 de novembro de 2023

O alcalde
P.D. (Resolucións de Alcaldía do 19.6.2023, 20.6.2023 e 28.6.2023)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolucións de Alcaldía do 19.6.2023, 20.6.2023 e 28.6.2023 e
Acordo da Xunta de Goberno Local do 22.6.2023)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal