DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2023 Páx. 71021

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e médico/a de admisión e documentación clínica, convocado polas resolucións do 14 e do 15 de decembro de 2022.

Mediante a Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15 de decembro) nomeáronse os tribunais cualificadores no proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na condición de persoal estatutario fixo en diversas categorías, convocado polas resolucións do 14 e do 15 de decembro de 2022.

Na base sétima das resolucións do 14 e do 15 de decembro de 2022, de convocatoria do proceso selectivo, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen os novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear, con efectos desde a data da presente resolución, novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e médico/a de admisión e documentación clínica, convocado polas resolucións do 14 e do 15 de decembro de 2022 (DOG núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023), nos termos que a seguir se indican:

– Especialidade de anxioloxía e cirurxía vascular:

Vogal titular: Vidal Rey, Jorge. Persoal estatutario licenciado sanitario, en substitución de Torre Eiriz, Jorge. Persoal estatutario licenciado sanitario.

Vogal suplente: Torre Eiriz, Jorge. Persoal estatutario licenciado sanitario, en substitución de Vidal Rey, Jorge. Persoal estatutario licenciado sanitario.

– Especialidade de endocrinoloxía e nutrición:

Vogal titular: Riveiro Villanueva, Javier. Persoal estatutario licenciado sanitario, en substitución de Mantiñán Gil, Beatriz. Persoal estatutario licenciado sanitario.

– Especialidade de cirurxía xeral e do aparello dixestivo:

Vogal titular: Sartal Cuñarro, María Isabel. Persoal estatutario licenciado sanitario, en substitución de Cano Valderrama, Óscar. Persoal estatutario licenciado sanitario.

– Especialidade de dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía:

Vogal titular: Del Pozo Losada, Jesús. Persoal estatutario licenciado sanitario, en substitución de Pampín Franco, Ana. Persoal estatutario licenciado sanitario.

– Especialidade de medicina preventiva e saúde pública:

Vogal titular: Varela Camino, Ángela. Persoal estatutario licenciado sanitario, en substitución de García García, María Jesús. Persoal estatutario licenciado sanitario.

Vogal suplente: Pereira Rodríguez, María José. Persoal estatutario licenciado sanitario, en substitución de Varela Camino, Ángela. Persoal estatutario licenciado sanitario.

– Especialidade de pneumoloxía:

Vogal titular: Represas Represas, Cristina. Persoal estatutario licenciado sanitario, en substitución de Tubío Pérez, Ramón Antonio. Persoal estatutario licenciado sanitario.

Presidenta suplente: Mosteiro Añón, María Mar. Persoal estatutario licenciado sanitario, en substitución de Represas Represas, Cristina. Persoal estatutario licenciado sanitario.

– Especialidade de psicoloxía clínica:

Vogal titular: Pérez Méndez, Laura. Persoal estatutario licenciado sanitario, en substitución de Lastra Barreira, Cristina. Persoal estatutario licenciado sanitario.

– Médico/a de admisión e documentación clínica:

Vogal titular: Nogueira Fariña, Javier. Persoal estatutario licenciado sanitario, en substitución de Sánchez Rodríguez, María Belén. Persoal estatutario licenciado sanitario.

Vogal suplente: Sánchez Rodríguez, María Belén. Persoal estatutario licenciado sanitario, en substitución de Nogueira Fariña, Javier. Persoal estatutario licenciado sanitario.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos